martes, 25 de xuño de 2019

Torta de chocolate e crema de framboesas

Bo día, bolboreteir@s! Nótase que estamos de festa e de paparota que ollade tremenda lambetada vos presentamos hoxe. Nada máis e nada menos que unha torta de chocolate con crema e framboesas. Haivos poucas maneiras mellores de adozar o voso menú.
Andamos matinando estes días en que preparar para o noso xantar de San Xoán e acabamos por chegar a esta idea que conquistou os nosos bandullos chocolateiros pola dozura e os contrastes achegados polas froitas.
Agora que veñen festas unha detrás de outra cremos que é ben ter á man ideas coma estas para así non andar toleando coa maneira de como sorprender as vosas convidadas e convidados. E ben, con isto ides gozar moito vós tamén, que a fin de conta quen cociña é quen máis merece papar, haha.
Aquí está!


Torta de chocolate e crema de framboesas


Ingredientes:


Para o biscoito:
  • 270 g de fariña
  • 225 g de azucre
  • 225 g de manteiga
  • 200 g de chocolate
  • 5 ovos
  • 1 iogur e medio natural
  • 1 culllerada de vainilla
  • 1 sobre de lévedo en po
  • Un chisco de sal
Para a crema:
Para a decoración:
  • 350 g de nata
  • 200 g de chocolate con leite
  • 2-3 culleradas de azucre
  • Framboesas
  • Aroma de framboesas ou colorante rosa (opcional)

Utensilios: un molde de 26 cm apto para o forno, varias cuncas, un batedor eléctrico, unha manga pasteleira, un bico, culleres e un coitelo.



Elaboración: 


Para comezarmos, temos de bater o azucre coa manteiga. 


A continuación, engadimos os ovos, un a un. 


De seguir, incorporamos, pouco a pouco, a fariña mesturada co lévedo, mellor se a peneiramos. 


Engadimos a vainilla e o chocolate derretido. 




Tamén, o iogur e medio. Nós usamos un iogur natural e medio de amorodos, xa que era o que tiñamos na casa, mais orixinalmente son naturais. 


Botamos a mestura no molde, previamente engrasado, e enfornamos, co forno prequente aa 180º, calor arriba e abaixo, durante 50 minutos. Deixamos que arrefríe por completo. 


De seguir, facemos a crema pasteleira. Cando comecemos a quentar toda a mestura para que espese, engadimos as framboesas. Cando espese, deixamos que arrefríe un pouco. 


Abrimos o biscoito ao medio e reenchemos coa crema de framboesas. Tapamos coa outra capa do biscoito. Unha boa recomendación é pór como base a parte de arriba do biscoito porque non é tan plana, e así quedaranos máis bonita por arriba. Reservamos no frigorífico uns minutos. 


Mentres tanto, imos coa decoración. Quentamos 250 ml de nata no microondas, ou ao baño maría. Cando ferva, engadimos o chocolate e remexemos até que se desfaga completamente. 



Coa axuda dun cazo, imos estendendo o chocolate pola superficie. Podémolo facer sobre unha rella para reaproveitar o chocolate que caia. Refrixeramos 25-30 minutos. 


Pasado ese tempo, montamos o resto da nata co azucre e o aroma ou o colorante e decoramos a torta ao noso gusto. Colocamos, tamén, unhas framboesas.


Refrixeramos 4-5 horas, mellor unha noite, e xa estaría lista para comer! 


Mandámosvos un cacho vía dixital? Non sabemos se funcionará mais cremos que só con ver estas indicacións e imaxes, nacerá en vós o instinto de cociñar e degustar esta tremenda lambetada. Agardamos as vosas opinións, amig@s! Apertas, bolboreteir@s!

3 comentarios:

  1. Uummmmmmmmmmmmmmm como me tentais con lo lamboreteira que soy una pena no poder meter la mano por que daria cuenta de un buen trozo ya msimo.
    Os ha quedado de relujo no lo siguiente y no dudo lo mas minimo que este de rexupete.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Unha delicia, si! Ideal para a operación biquini 😂😂😘😘

      Eliminar
  2. The added advantage is that these large jackpots increase the joy of the opposite gamers. The Golden Nugget Casino prepared to|is in a position to} immerse you in pure slot bliss with almost 1500 of today's most thrilling video games. From penny slots to $100 video games that can really change your life, you'll have your choose of single recreation progressives, wide-area progressives, video poker, conventional reels 정카지노 and video slots loaded with fun and exciting bonus video games.

    ResponderEliminar