Boas, bolboreteir@s!! Como estades?? Traemos unha receita máis a Bolboretas no bandullo. Esta vai para a lista das sinxelísimas e rápidas. Talvez adoren especialmente @s estudantes que explotan os bocadillos e sándwichs pois ofrece a posibilidade de alternativa fácil dun clásico.
O sándwich Monte Cristo ten unha denominación moi literaria mais non xorde en Francia a pesar do que poda parecer. Aparece nos anos 40 nos Estados Unidos aínda que, iso si, a partir da cociña francesa, en concreto do famoso sándwich croque-monsieur.
Hai variantes na elaboración e o cociñado perfecto pide unha grella mais nós limitámonos á cociña de piso coa tixola correspondente. Ollade a ver que vos parece, amig@s!!
Sándwich Monte Cristo
Ingredientes (para cada sándwich):
- 3 rebandas de pan
- 2 lascas de pavo
- 2 lascas de queixo
- 1 ovo
- 1 cullerada de maionesa
- 1 culleriña de mostaza
- Manteiga
Utensilios: dous pratos, unha tixola, un garfo e unha culler.
Elaboración:
Tapamos coa outra rebanda e poñemos, de novo, pavo e queixo, tapamos coa última rebanda. Cortámolo ao medio e rebozámolo en ovo batido.
Botamos nunha tixola unha cullerada de manteiga e rustrimos o sándwich até que se torre polos dous lados.
Servimos e xa estaría listo para comer!
Boa pinta, non é? Pois fixádevos que no fondo os ingredientes principais son os mesmos de sempre mais dámoslle unha volta ao forma e ao exterior. Iso si, no primeiro bocado ides agradecer a probatura da receita. Veredes, veredes. Ou máis ben, saborearedes! Aperta forte, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario