Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Por aquí andamos xa iniciándomos a tempada de festas. E claro, isto sempre dá para menús ben completos. Aínda que desta volta tocounos ir como convidados así que o menú non correu da nosa conta. Iso si, como celebrabamos tamén o aniversario dunha das nosas mellores amigas, decidimos levar unha sobremesa espectacularmente saborosa! Había ben tempo que non preparabamos unha torta coma esta así que gozamos a preparación e sobre todo a papatoria. Vaia festival.
Por aquí xa adoitamos degustar os tiramisú cando visitamos italianos porque representan moi ben a cociña identitaria desta terra aínda non sendo nós amantes do café. Pois desta volta decidimos preparar dita receita clásica renovada, dando o protagonismo a unha das nosas froitas favoritas, os amorodos. Velaquí esta xoia!
Tiramisú de amorodos
Ingredientes:
Para a crema:
Para a montaxe:
- 200 g de amorodos
- 200 g de biscoitos de soleta
- O zume de 2-3 laranxas
- Cacao en po
Utensilios: dúas cuncas grandes, dous moldes, un batedor eléctrico, unha espátula e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar os 600 g de amorodos, ben lavados, con 50 g de azucre. Reservamos.
Mesturamos o queixo mascarpone xunto coa vainilla.
E engadímoslle os amorodos triturados. Reservamos no frigorífico.
Montamos a nata cos outros 50 g de azucre e cando a teñamos ben firme ímola agregando á crema de amorodos con mascarpone. Reservamos no frigorífico.
Facemos o zume de laranxa e comezamos coa montaxe. Emborrachamos os biscoitos co zume e colocámolos no fondo dos moldes.
Cubrimos cunha boa capa da crema anterior.
Laminamos uns amorodos e colocámolos sobre a crema.
Repetimos o proceso: biscoitos emborrachados co zume e outra capa de crema. Refrixeramos 1 hora. A continuación, decoramos a torta. Empoámola co cacao puro e colocamos uns amorodos laminados.
Refrixeramos un pouco máis, mellor se é unha noite enteira e xa estaría listo para comer!
Apetecíbel, verdade? É unha receita idónea para as persoas que non aproveitan moito o tiramisú por mor do café. Aquí non hai rastro, prometemos, haha. Toda para vós desde hoxe! Aperta lambona, amig@s!
El tiramisú en casa nos encanta pero nunca he preparado ni comido otro que no sea el de la receta tradicional.
ResponderEliminarTe ha quedado divino y no dudo que estuviera de rexupete.
Bicos mil wap@s😘
É unha opción máis fresca para o verán! Ademais, ao non levar ovo cru nin temos que ter tanto coidado pola calor ☺️😍
Eliminar