sábado, 8 de xuño de 2019

Pudin de chocolate e froita ao microondas (saudábel)

Bo día, bolboreteir@s!! Que tal vai todo? Agardamos que teñades apetito porque traemos unha lambetada das que impulsan a preparalas e comelas, sobre todo tendo en conta que non nos vai quitar tempo. Desta forma, nós vémola ideal para almorzos diferentes, talvez de fin de semana, mais co que nos podemos afastar da rutina diaria.
Xa sabedes ademais que somos moi fans destes biscoitos de cunca que agora xa levan uns anos de moda e que chegaron coñecidos como mug cakes.
Temos feitos moitísimos e segundo lle vas collendo o truco, mellor saen. Quen lle diría ás nosas avoas que facían aqueles biscoitos como a roda dun carro con todo o seu tempo preciso que agora poderiamos preparar un biscoito en apenas cinco minutos! Pois si, aí vai!




Pudin de chocolate e froita ao microondas



Ingredientes:


  • 8 amorodos
  • 1 plátano
  • Unha presa de abelás
  • 1/2 vaso de bebida de améndoa
  • 1 cullerada de cacao puro en po
  • 2 ovos
  • Para decorar: framboesas


Utensilios: dúas cuncas, un batedor eléctrico e un microondas.

Elaboración:


Para comezarmos, temos de botar no vaso do batedor os ovos, o plátano. 


Os amorodos, as abelás, o cacao e a bebida de améndoa. 


Batemos moi ben e repartimos en dúas/tres cuncas. 



Metemos no microondas durante 2-3 minutos, depende da potencia de cada un. 


Decoramos con framboesa e amorodos. 


E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste! Xa temos almorzo delicioso para esta semana. Apertas, bolboreteir@s!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario