Bolboreteir@s!! Preparádevos para abrir a fin de semana con moito sabor porque hoxe ímonos pór queixeiros cun básico moi moi efectivo para sorprender a calquera persoa.
Aquí a clave está realmente no queixo, que debe ser un tipo provolone para que se logre o efecto desexado e non se desparrame completamente. Hai algún outro máis que tamén nos serviría aínda que nós tiñamos claro que esta receita era para este queixo concreto. Pensamos que sería un simple petisco para a cea e de feito tiñamos preparada unha ensalada para acompañar e un pouco de friame. Finalmente, unha vez lle metimos o dente comprobamos máis contundencia do que nun primeiro momento podiamos agardar de queixo derretido. Temos pois, unha idea para unha cea ben saborosa, intensa e apta mesmo para @s menos argalleir@s na cociña. Imos con ela!!

Provolone ao forno
Ingredientes:
- 1 lasca grande de Provolone
- 150 ml de salsa de tomate
- 2 lascas de tomate
- 2 lascas de xamón
- Pementa moída
- Ourego
- Allo
- Aceite de oliva
Utensilios: un molde redondo apto para o forno ou unha tixola.
Elaboración:
Para comezarmos, botamos no fondo do molde ou da tixola a salsa de tomate (mellor se é caseira, senón, non pasa nada). Sazonámolo con pementa moída, allo e ourego ao gusto.
Enfornamos a 200º, calor arriba ou abaixo, durante 10 min ou até que se derreta o queixo. Se utilizades un molde, podédelo meter 5 minutos no microndas a máxima potencia e xa estaría listo.
E a comer! Podémolo acompañar con picos, torradas, pan de sementes... ou que máis vos guste.
Agardamos que vos encante e a poñades en práctica! Nós cada vez somos máis fans destes pratos que dedican todo o protagonismo ao queixo. Por exemplo, xa andamos encaprichados dunha raclette para o futuro. O que pasa é que ha ser moito vicio ao noso dispor, haha. Entre tanto imos amañando con estas receitas coas que babexamos simplemente con intuílas. Pasade un moi bo sábado. Fortísima aperta, amig@s!
Uuummmmmmmmmm que pintaza tiene ese provolone ,os ha quedado de relujo no lo siguinte .
ResponderEliminarBicos mil y feliz semana wap@s.
Un vicio!!! Non podes parar de comer 😂😂! 😘😘
Eliminar