Bolboreteir@s, unha vez máis pola rede para nos encontrar a través das receitas e das vosas agarimosas lecturas. Entretando andamos preparando a sorpresa máis grande dos últimos tempos que agardamos presentar nas próximas semanas, seguimos a ampliar o corpus culinario de Bolboretas no bandullo cunha desas ideas que temos durante moito tempo no maxín e que despois tardamos en levar á práctica. E non sabemos o motivo pois como puidemos comprobar, os ovos escalfados non presentan ningunha dificultade e si unha presentación ben atractiva e unha cocción do ovo moi especial, ideal sobre todo para @s amantes da xema, mmmmmm...
Está ben ter clara a preparación e tela como referencia pois moitas veces escoitamos falar de ovos escalfados pero non tod@s o levamos a cabo. E claro, que mellor para saírmos da rutina dos ovos fritidos e cocidos?
Imos con ela!!
Está ben ter clara a preparación e tela como referencia pois moitas veces escoitamos falar de ovos escalfados pero non tod@s o levamos a cabo. E claro, que mellor para saírmos da rutina dos ovos fritidos e cocidos?
Imos con ela!!
Ovos escalfados
Ingredientes:
Utensilios: unha cunca pequena, un cazo e papel transparente.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de pór un anaco de papel transparente sobre unha cunca. Botámoslle unha gota de aceite de oliva, o ovo e aderezámolo con ourego e sal ao gusto.
Con moito coidado, envolvemos o ovo e pechamos o paquete.
Quentamos un cazo con auga e, antes de que ferva, metemos o paquete co ovo. Deixamos que ferva suave 3-4 minutos e retiramos do lume.
Quitamos o papel transparente e xa estaría listo.
Agardamos que vos guste e que o faigades xa é unha opción moi saudábel e fácil. Segue na liña das receitas saudábeis das últimas semanas e tamén cumpre cos requisitos para unha cea lixeira e rápida, desas habituais por chegarmos cansos e con non moitas ganas de cociñar. A por ela!!
Uummmmmmmmm que ricos ,de buena gana me llevaba ese plato con la tostada y el aguacate para cenar ,asi escalfados o fritos es como mas me gustan los huevos.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Sii, e ademais desta forma son super saudábeis!!
EliminarApertas!