sábado, 13 de xaneiro de 2018

Lasaña de quinoa e queixo fresco

Si, lestes ben, unha lasaña de quinoa. Bolboreteir@s, estamos a tope coas receitas saudábeis. Quen avisa non é traidor e nós temos palabra, sobre todo no tema da comida, haha. Ben, pois anda que xa anda a ameaza dos freixós pola casa, resistímonos con verdadeiras delicidas sans como esta que hoxe presentamos, arredor do superalimento de moda.
Pensabamos que talvez nos podía levar un bo anaquiño preparar este capricho culinario mais postos mans á masa descubrimos que non precisa apenas de traballo nin tempo, simplemente de ganas de probar algo diferente.
Como todas as lasañas, permite moito xogarmos cos ingredientes algo que sempre se agradece, especialmente para @s que somos creativ@s.
Sexa como for, nesta lasaña o que non pode faltar é a quinoa da que estamos namorados desde que chegou até o noso padal. Nunca falta un saquiño na lacena o que nos permite crearmos xoias coma estas a cada xantar ou cea. Adiante!!




Lasaña de quinoa e queixo fresco



Ingredientes:

  • 200 g de quinoa
  • 400 g de queixo fresco 0%
  • 250 g de tomates pelados 
  • 50 g de mozzarella
  • 1 dente de allo
  • 20 g de alfábega freca
  • 2 culleriña de ourego
  • 1 culleriña de alfábega en po
  • 1 culleriña de romeu
  • 1 culleriña de allo en po
  • 1 cullerada de aceite
  • Auga

Utensilios: unha tixola, un cazo, un batedor eléctrico, unha cunca e un molde apto para o forno. 


Elaboración:


Para comezarmos, temos de preparar a quinoa. Para iso, botámola nunha tixola e engadímoslle unha culleriña de ourego e outra de allo. Botamos tamén a auga e cocemos, segundo nos indique o paquete da quinoa. Cando estea lista, reservamos. 


 A continuación, rustrimos o dente de allo no aceite.


E engadimos os tomates pelados e cociñamos 10-12 minutos.  


Triturámolos para que nos quede unha salsa máis homoxénea. Reservamos. 



A parte, mesturamos a alfábega fresca co queixo fresco, o ourego e tamén o romeu. 


E debemos montar a nosa lasaña! Comezamos por unha capa de quinoa. 


A metade da mestura do queixo. 


E parte da salsa de tomate. 


Repetimos: quinoa, queixo e salsa. E acabamos coa mozarella e a cullerada de alfábega en po. 


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, até que se doure o queixo, aproximadamente 15 minutos. Nós, os últimos 4 minutos, puxemos só o gratinador. 


E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste ;) 



Nunha primeira ollada resulta complexo distinguilo das lasañas tradicionais aínda que é certo que unha vez metido o dente si hai un cambio substancia debido á textura xa que estamos a falar dun pseudocereal. Iso si, o sabor é intenso e asegurámosvos que vos roubará tamén a vós o corazón... ou o bandullo ;-) Fortísima aperta, amig@s!

5 comentarios:

  1. Felicitaciones por la receta! Combina dos cosas que me gustan mucho: quinoa y lasaña :)
    Estas cantidades son para 2?
    Una pregunta de cocción. El recipiente que usaron es un cuenco de barro? Esos 15 min, en horno eléctrico y con ese recipiente?
    Muchas gracias por vuestra creatividad! 😊

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Si, esas cantidades son para dúas persoas ben comedoras, a nós sobrounos unha pouca para o día seguinte.
      Si, é unha cunca de barro e son 15 minutos porque os ingredientes xa están quentes e queremos só que gratine.
      Un bico e grazas a ti!

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Ains madre que pintaza tiene esa lasaña con lo que me gusta la quinoa ,no sabes como me tentais si es que dan ganas de liarse a dentellas con el monitor uuummmmmm , os ha quedado de relujo no lo siguiente.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Superfácil e deliciosa, ademais de ser saudábel!! Así a quinoa está espectacular!
      Bicos!

      Eliminar