Amosando publicacións coa etiqueta queixo fresco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta queixo fresco. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Lasaña de quinoa e queixo fresco

Si, lestes ben, unha lasaña de quinoa. Bolboreteir@s, estamos a tope coas receitas saudábeis. Quen avisa non é traidor e nós temos palabra, sobre todo no tema da comida, haha. Ben, pois anda que xa anda a ameaza dos freixós pola casa, resistímonos con verdadeiras delicidas sans como esta que hoxe presentamos, arredor do superalimento de moda.
Pensabamos que talvez nos podía levar un bo anaquiño preparar este capricho culinario mais postos mans á masa descubrimos que non precisa apenas de traballo nin tempo, simplemente de ganas de probar algo diferente.
Como todas as lasañas, permite moito xogarmos cos ingredientes algo que sempre se agradece, especialmente para @s que somos creativ@s.
Sexa como for, nesta lasaña o que non pode faltar é a quinoa da que estamos namorados desde que chegou até o noso padal. Nunca falta un saquiño na lacena o que nos permite crearmos xoias coma estas a cada xantar ou cea. Adiante!!




Lasaña de quinoa e queixo fresco



Ingredientes:

  • 200 g de quinoa
  • 400 g de queixo fresco 0%
  • 250 g de tomates pelados 
  • 50 g de mozzarella
  • 1 dente de allo
  • 20 g de alfábega freca
  • 2 culleriña de ourego