martes, 9 de xaneiro de 2018

Roliños de salmón

Bo día, bolboreteir@s!
Nova etapa após unhas vacacións moi doces e larpeiras. Como fomos adiantando o outro día, os excesos hai que compensalos alén de queimalos e chegou o momento.
Andamls xa creando o corpus das próximas semanas nas que nos dedicaremos case con exclusividade ás receitas saudábeis. Non é por alarmar mais é que á volta de xaneiro está xa o Entroido, haha. E iso, non se perdoa...
Desta volta optamos polos sempre triunfantes Wrap, que alén de seren totalmente personalizábeis, son o recurso de moda para as ceas lixeiras que non queremos dedicar moito tempo.
Adiante con el!


Roliños de salmón



Ingredientes (para 3 roliños):

  • 3 tortillas
  • 100 g de salmón
  • 2-3 culleradas de queixo crema
  • Leituga
  • 1/2 culleriña de ourego
  • 1/2 culleriña de tomeu




Utensilios: unha prancha (ou microndas), unha cunca e unha culler.


Elaboración:


Para comezarmos, temos de cortar o salmón en lascas e botámoslle o ourego e o tomeu.


A continuación, mesturámolo cunha cullerada de queixo crema. Reservamos.


Quentamos as tortillas na prancha ou no microndas.


E montamos os nosos roliños! Primeiro a tortilla, despois a leituga e por último o salmón. Despois enrolamos!


E xa estarían listos para comer!


Agardamos que vos gusten e que os poñades en práctica ;)


Teñen ou non boa pinta. A verdade é que nos prestaron moitísimo. Adoitamos preparar moitas variantes destas receitas mais a verdade é que esta conquistounas para vola presentar. Desfrutádea. Fortísima aperta!!

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmm que ganas de irme a cenar a vuestra casa ,nunca se me habia ocurrido preparar asi las tortillas ,seguro que conel salmon estan de rexupete.
    Bicos mil y feliz semana wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben servirche de inspiración, así variamos de facer sempre fajitas ou burritos con carne ;)
      Bicos!

      Eliminar