martes, 7 de novembro de 2017

Salsa tahini

Como vai o inicio de semana, bolboreteir@s? Agardamos que moi ben. Para vos dar máis forza e tamén apetito contamos cunha nova receita que talvez moit@s descoñezades mais que veredes as posiblidades que ofrece, especialmente dentro do veganismo.
A salsa tahini é moi utilizada nos países árabes e nos últimos anos estase introducindo tamén en territorios europeos, especialmente para a elaboración do hummus. Con todo, ten moita rendibilidade en receitas como o baba ganush ou o halva e mesmo para degustar de forma directa con pan ou bolachas salgadas.
Sendo sinceros, non tiñamos pensado preparala xa que a iamos mercar, mais vendo as dificultades para a encontrar decidimos probar sorte. E saíu ben. Ollade:



Salsa tahini



Ingredientes:

  • 4 culleradas de sésamo torrado
  • 8 culleradas de aceite de oliva
  • 2 culleradas de auga (opcional)
  • Un chisco de sal


Utensilios: unha trituradora.

Elaboración:


Para comezrmos, temos de botar o sésamo na trituradora. Se non o tedes torrado, tedes que rustrilo un par de minutos nunha tixola ben quente. 


Engadimos o aceite e o sal. 


Trituramos moi ben até obter unha pasta homoxénea. Se vedes que o sabor é forte, agregamos as dúas culleradas de auga para facelo máis suave e cremoso. 


Esperamos que vos guste e que a poñades en práctica!

A degustación foi positiva, aínda que non a comemos de forma directa senón que a utilizamos para unha receita moi de moda que vos imos presentar o próximo sábado. Entanto vos ides preparando, que tal este aperitivo?
Pasade moi boa semana e sede felices, bolboreteir@s! 

2 comentarios:

  1. Os ha quedado divinisimo yo tambien lo hago en casa aqui no lo consigo en los super , deseando ver lo que habeis echo con el .
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que é moito mellor facelo na casa que comprado, aforras un montón e sabes o que leva 🙂!
      Un bico e grazas por pasarte 😜

      Eliminar