Bo día, bolboreteir@s! Nós xa estamos de volta dunhas minivacacións por Catalunya e vimos cheos de ideas traídas da gastronomía mediterránea!! Aínda que en ningún sitio se come como en Galiza, nós adoramos viaxar e desfrutar os países a través dos seus sabores.
Ben, pois aínda que non é unha receita catalá, hoxe presentamos un prato inspirado no noso último xantar en Barcelona, no barrio de Gracia, concretamente no Pirineus 1935. Alí metimos o dente a unhas bombas de pataca que aínda que non son coma estes si nos levaron a esta elaboración diferente e que serve como petisco para calquera menú.
Como ides comprobar a seguir, non ten apenas dificultades. Ten, pola contra, un resultado moi interesante en que o ingrediente a salientar é a pataca. Nós, ademais, como somos moi salseiros, acrecentamos unha salsa para mollalas e facelas aínda máis apetecíbeis. Velaí as tedes!

Bombas pataqueiras con pavo e queixo
Ingredientes:
- 3 patacas medianas
- 4-5 lascas de pavo
- 3-4 culleradas de queixo relado
- 2 culleradas de Maicena
- 1 ovo grande
- Pementa moída
- Allo en po
- Sal
- Aceite de oliva
Utensilios: unha cunca, papel transparente, un garfo, un coitelo, unha tixola e un microndas.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cocer as patacas. Para iso, temos dúas opcións. Cocelas nunha pota con auga da forma tradicional ou cortalas, poñelas nunha cunca, tapalas con papel transparente e cociñalas no microndas até que estean brandas, que é o que fixemos nós.
Mentres tanto, picamos o pavo.
E engadímoslle o queixo, a maicena e o ovo (a nós saiunos de dúas xemas 😃).
Cando as patacas estean listas, botámoslle o allo, o sal e a pementa ao gusto.
Triturámolas cun garfo.
E agregámoslle o pavo, o queixo, o ovo e a maicena.
Mesturamos moi ben. Tapámolo con papel transparente e refrixeramos 1 hora.
Pasado ese tempo, facemos boliñas coas mans.
Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva, fritimos as boliñas. Poñémolas en papel transparente para eliminar o aceite e servímolas acompañadas dalgunha salsa que nos guste ;)
Agardamos que vos guste e que as faigades na vosa casa xa que son moi fáciles e resultonas. Ademais, con estas receitas animámosvos a que argalledes e que vós tamén nos deades ideas dos vosos inventos culinarios pois todos os grandes pratos universais xurdiron de ideas fugaces. De seguro que gardades no voso maxín futuras receitas estrelas, haha.
Desfrutade da fin de semana. Unha fortísima aperta, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario