Chega unha noite máxica para nen@s e maiores, sobre todo para @s que gustamos do ámbito terrorífico. A noite previa a defuntos, o Samaín.
Aínda que nós non temos peques pola casa non podemos evitar elaborar este tipo de receitas. Iso si, por moito fondant e deseño que haxa, o sabor nunca pode ficar á marxe, polo que procuramos crear unhas galletas básicas, sinxelas mais saborosas.
Mañá, día feriado, é unha xornada ideal para botar un tempo divertido amasando e argallando formas. Coa axuda de moldes/cortadores o traballo estará realizado aínda que se sodes moi máis xeitosos ca nós podedes botar man do deseño e darlles vós mesmos as formas.
Sexa como for, con isto, uns ósos de santo e unha torta caveira podemos pasar unha velada terrorificamente doce, muahahahaha.
Velaquí as tedes:
Galletas terroríficas
Ingredientes:
Para as galletas:
Para a decoración:
- Fondant de cores
- Ollos
- Azucre
- Auga
Utensilios: unha cunca, batedor (manual ou eléctrico), papel vexetal, un rolete e moldes para galletas.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a masa das galletas. Para iso, batemos a manteiga co azucre. Despois, engadimos o ovo e a vainilla e seguimos batendo.
Engadimos o lévedo.
De seguir, engadimos pouco a pouco a fariña. Dependendo do voso batedor, igual tedes que acabar amasando á man.
A continuación, colocamos masa sobre papel vexetal e dámoslle forma. É probábel que precisedes máis fariña para que non se vos pegue ;)
Despois, cos moldes, dámoslles as formas que máis nos gusten.
Enfornamos a 200º, co forno prequente, calor arriba e abaixo, durante 8-10 minutos.
E chegou o momento de decorar as galletas! Para estirar o fondant temos que usar azucre para que non se nos pegue. Nós, neste caso, non utilizamos o glas (máis común para o fondant) porque queríamos darlle un toque máis rugoso e que se puidera apreciar a simple vista, xa que estamos no Samaín e ten que dar máis medo 👻🎃😺🦇😂😂. Despois cortamos o fondant cos mesmos moldes das galletas e pegámolos a elas mollando o fondant en auga. Os ollos tamén llos pegamos coa auga.
E xa estarían listas para comer! Agardamos que vos gusten e que vos dean ideas para as vosas celebracións de Samaín ou para pasar unha tarde entretida facendo galletas, aos peques seguro que lles encanta 😉. Feliz e terrorífico Samaín!
Ningún comentario:
Publicar un comentario