Despois dunha ensalada tan lixeira e saudábel como o TREMPÓ que trouxemos o xoves, pois tiñamos que volver cunha desas tortas que tanto nos gusta, aínda que a de hoxe é ben especial tanto porque tentamos darlle un lixeiro aspecto tenebroso polo Samaín que se nos achega e sobre todo por ser ideada para o aniversario dunha amiga moi especial que celebraba nada máis e nada menos que a pasaxe á maioría de idade. Parabéns unha vez máis Tamara!! ;-) E como sabiamos que as caveiras lle encantan, pois a conxunción para o Samaín era perfecta. Así mesmo, co recheo, debía de ser crema de Kinder para asegurarnos o triunfo! Unha torta moi persoal mais que seguro que a tod@s vos gustará.
Torta caaveira para Samaín
Para o biscoito:
- 400 ml de nata (35% materia graxa)
- 300 gr de azucre
- 300 gr de fariña de forza
- 50 gr de fariña de trigo
- 6 ovos
- 1 cullerada de esencia de vainilla
Para a decoración de caveira: 300 gr de fondant de cor negra, 150 gr de fondant de cor branca e unha pouca de auga.
Elaboración:
Para a elaboración do biscoito temos dúas opcións: a primeira delas é enfornar toda a masa nun recipiente e despois abrilo coa axuda dunha lira ou coitelo ou, como fixemos nós desta volta, dividir a masa en dous moldes e así xa teríamos as dúas capas por separado.
Para comezarmos coa súa preparación, temos de bater a nata co azucre até que a nata espese un pouco. De seguir, engadiríamos a cullerada de esencia de vainilla.
A continuación, botamos os ovos, un a un, até que se integren por completo. E, despois, as fariñas peneiradas, pouco a pouco e mesturamos ben.
Botamos nun molde, ou dous, a masa e enfornamos a 150º, calor arriba e abaixo, durante 1 hora -se o facedes no mesmo molde, tardará 1 hora e media ou un pouco máis. Deixamos que arrefríe, cubrímolo con papel transparente e deixamos repousar unhas horas, mellor se é a noite enteira.
Pasado ese tempo, chegou o momento de montar a nosa torta! Se fixemos un biscoito enteiro, teremos que abrilo pola metade coa axuda dunha lira ou un coitelo, se xa fixemos dous este paso non sería necesario. Colocamos unha parte do biscoito sobre o prato en que imos presentar a torta e estendemos o parte do noso recheo sobre el, cubrimos coa outra parte do biscoito, para tapalo é mellor que quede cara arriba a parte de abaixo do noso biscoito porque quedará máis recto.
A continuación, temos que colocar o noso fondant! Para comezar, temos de colocar o branco. Quentámolo un pouco coas nosas mans para que abrande e sexa máis sinxelo de traballar. Estendémolo coa axuda dun rolete sobre papel vexetal enfariñado (para que non se pegue ao papel). Cando teñamos a medida da nosa torta, colocámolo sobre ela e alisámolo coas mans. De ser necesario, cortamos a masa sobrante.
Agora, temos de preparar o debuxo da caveira co fondant negro. Quentámolo un pouco coas mans e estendémolo coa axuda dun rolete, como fixemos co branco. Para facermos o debuxo, o máis sinxelo e buscar unha foto na rede e imprimila, recortala, colocala sobre o fondant e ir recortando a silueta, cun coitelo ou cortadores específicos de fondant; mais, se sodes bos/boas debuxantes non precisaredes o debuxo.
Para pegalo sobre o branco, temos de mollar as pezas do debuxo cunha pouca de auga e colocalas sobre a torta.
Como nos sobrou fondant negro, decidimos facer unha tira longa para poñela sobre os bordos da torta.
Aínda que xa a poderíamos comer, saberá moito mellor se a deixamos repousar unhas horas no frigorífico.
Como vedes, esta torta ten unha presentación moi chamativa e é perfecta para o Samaín xa que podemos facer os debuxos máis terroríficos que se nos ocorran. @s máis artistas poderían facer verdadeiras marabillas co fondant, claro :-)
Á nova maior de idade encantoulle mais ao resto de comensais tamén! Aproveitamos para ir practicando coa decoración de fondant que sempre é do máis entretido e para irnos ambientando nesta celebración que tanto nos gusta de finais de outubro, o Samaín! De feito, algo máis relacionado con isto traeremos nos próximos días. Estade atent@s!
Á nova maior de idade encantoulle mais ao resto de comensais tamén! Aproveitamos para ir practicando coa decoración de fondant que sempre é do máis entretido e para irnos ambientando nesta celebración que tanto nos gusta de finais de outubro, o Samaín! De feito, algo máis relacionado con isto traeremos nos próximos días. Estade atent@s!
Jo Diana! Eres una artita!
ResponderEliminarBicos de Ana (tu compi de inglés)
Moitas grazas! Espero que che guste o blogue e que poñas en práctica algunha das receitas!
EliminarBIcos!
Divinisimaaaaaaaaa ademas de rica ,me encanta y seguro que a la cumpleañera le habra gustado mas.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
A verdade é que si que lle gustou moito á persoa que estaba de aniversario :D
EliminarMoitas grazas polo comentario!
Bicos