Estamos por aquí outra vez cunha receita algo diferente das últimas penduradas no blogue. Nós que somos seguidores da cociña mexicana, mercamos frecuentemente o pan e o sazonador para facer fajitas, burritos... Con todo, pensamos en facelas máis naturais/caseiras polo que decidimos probar sorte co pan, con esas tortillas finas idóneas para degustar este tipo de produtos mexicanos.
Este pan é moi moi sinxeliño de facer e resulta bastante económico xa que nin sequera ten que ir ao forno, só debe repousar e pasar pola prancha. Ademais a súa elaboración é bastante entretida pola súa facilidade de amasado e estirado. Se tedes peques pola casa, podédeslle deixar argallar co rolete e que creen as formas que máis lles guste. Talvez non sirvan para reenchelas, mais a eles/elas seguro que lles encantan con esas personalizacións.
Aquí de momento probamos coas formas clásicas para despois degustalas cun pouco de polo, cogomelos, pementos e cebola. Non lle deixan nada que envexar ás que encontramos no supermercado, de feito notaredes un sabor bastante máis natural. A ver que vos parecen ;-)
Tortillas mexicanas
Ingredientes:
Elaboración:
Primeiramente, temos de xuntar a fariña, o lévedo e o sal. De seguir, peneirámolos e engadímoslle o aceite. Mesturámolos ben e, pouco a pouco, imos engadindo a auga.
Amasamos ben até conseguir unha masa homoxénea, un pouco pegañenta mais fácil de manexar. Cubrímola con papel transparente e deixámola repousar 1 hora nun lugar cálido da casa.
Pasado ese tempo, facemos boliñas máis pequenas, de tamaño similar para que nos queden tortillas parecidas e, de novo, deixámolas repousar 30 minutos, aproximadamente.
Estíramos a masa sobre un papel vexetal coa axuda do rolete, intentando darlle unha forma redondeada. Se a masa quedou ben, xa notaredes a elasticidade que permite facer grandes formas das pequenas bolas.
Quentamos unha prancha e botamos a masa estirada sobre ela. Cando vexamos que lle saen burbullas temos de darlle a volta e deixar cociñala un pouco por ese lado; aproximadamente será 1 minuto, ou minuto e medio, por cada lado. Tede coidado de non queimar as xemas dos dedos, ao igual que no proceso das filloas.
Normalmente, estas tortillas mexicanas cómense recheas. Con elas, podemos facer fajitas (receita aquí) ou burritos (a receita estará neste caderno proximamente) ou escoller os ingredientes que máis vos gusten e reenchela diso. Nós fixemos un salteado de peituga de polo, pemento verde, cebola, cogomelos e un tomate triturado para que fose máis saboroso; directamente na tixola, adobamos con allo picado, alfábega, ourego e un chile ben picadiño. Enrolamos a tortilla co recheo e listo!
Con estas cantidades, nós fixemos sobre 9 ou 10 tortillas e, como nos sobraron, conxelámolas para telas preparadas para outro día. Isto é unha boa opción que nos pode ser de utilidade cando recibimos visitas inesperadas.
Tedes a opción, se sodes tan panadeir@s coma nós, de comelas soas, ou como acompañante, tal como se fose pan tradicional. Están riquísimas, sobre todo, acabadas de facer. Outra opción, para @s máis lambisqueir@s é reenchelos de crema de cacao, mmmm. Sexa como for, veredes que estas tortillas de trigo son do máis sinxelas de facer e daranvos mil posibilidades na vosa cociña. Espero que as desfrutedes e xa nos diredes que vos atrevedes a facer con elas. Seguro que tirades algunha gran idea da chisteira.
Apertas bolboreteir@s!!
Tedes a opción, se sodes tan panadeir@s coma nós, de comelas soas, ou como acompañante, tal como se fose pan tradicional. Están riquísimas, sobre todo, acabadas de facer. Outra opción, para @s máis lambisqueir@s é reenchelos de crema de cacao, mmmm. Sexa como for, veredes que estas tortillas de trigo son do máis sinxelas de facer e daranvos mil posibilidades na vosa cociña. Espero que as desfrutedes e xa nos diredes que vos atrevedes a facer con elas. Seguro que tirades algunha gran idea da chisteira.
Apertas bolboreteir@s!!
Ummmmmmmmm que ricas ,te han quedado de relujo , doy fe estan muy ricas las hice un par de veces ,pero siempre tengo un paquete de ellas en la despensa tanto los burritos , las enchiladas como las fajitas nos encantan pero rellenas con la crema de cacao no las he comido nunca y me estas tentando a probar jajaja.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
Hahaha pois proba proba que son un vicio ;)! Na nosa casa tamén había sempre un paquete de tortillas na despensa, mais agora, cando facemos a masa, facemos o dobre para poder conxelar e ir sacando pouco a pouco.
Eliminarun bico e grazas polo comentario!
Estan buenisimas las caseras son las que mas me gustan! bicos
ResponderEliminarTotalmente de acordo, o sabor é moito mellor!
EliminarUnha aperta e grazas polo comentario :D
Acabo de probar! Saben super ben... mais o de estiralas foi un pouco un estropicio hehe... para a próxima ;P
ResponderEliminarTodo é práctica, haha!!! Mándanos a proba (ou unha foto, no seu defecto)!!
EliminarAlégranos que poñas en práctica as nosas receitas!
Bicos!