Bo día, bolboreteir@s! Nós andamos pola República de Catalunya pasando uns días mais as receitas non paran. O outono é máxico para nós por diversos motivos mais un dos principais é o gastronómico. As castañas son a nosa perdición e pegámonos fartadas delas durante estes meses, canto menos unha vez á semana.
Con todo, na nosa casa facíanse sempre ao método tradicional, asadas. Aínda que é o mellor, si, desde a creación do blogue que comezamos a investigar e argallar, descubrimos que na castaña hai moito máis. Podemos lograr cremas docísimas, acompañantes marabillosos e unhas salsas coma a de hoxe que quitan calquera medo por moito Samaín que sexa.
A pasta é un recurso habitual e cantas máis opcións para a preparar, mellor.
Pasta con salsa de castañas
Ingredientes:
Utensilios: unha pota, unha tixola, táboa e coitelo, e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que cocer a pasta seguindo as intrucións do paquete. Escoamos e reservamos.
Mentres tanto, en dúas culleradas de aceite rustrimos a cebola e o dente de allo, ben picadiños.
Cando abrande un pouco, engadimos os champiñóns laminados.
Deixamos cociñar 7 minutos e engadimos o viño branco.
Cando se evapore o viño, engadimos as castañas asadas troceadas. Mesturamos ben.
Agregamos a nata e cociñamos 6-7 minutos máis.
Botamos os macarróns e mesturamos moi ben.
Servimos e xa estaría preparada para comer ;)
Agardamos que vos guste e que a faigades porque de seguro vos ha sorprender.
Ai, lambonciñ@s, ten pintaza, non é? Nós babexamos só con recordar o sabor. Non podemos facer outra cousa que recomendarvos esta nova idea.
Apertas e boa finde!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario