Amosando publicacións coa etiqueta salsa tahini. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta salsa tahini. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de novembro de 2017

Hummus

Bo día, bolboreteir@s!  Traemos a segunda parte da receita do pasado martes. Da salsa tahini pasamos ao hummus, a súa concreción máis sonada. Este prato de orixe árabe estáa ganar visibilidade a pasos axigantados na gastronomía europea, entre outros motivos por ser un recurso moi habitual na alimentación vegana xa que é altamente nutritivo.
A elaboración é moi sinxela aínda que o resultado debe ser cremoso e non fiar en cemento de garavanzos (tal e como ten afirmado El comidista). 
O produto máis complexo de conseguir para o preparar é precismente a salsa tahini xa que non a hai en moitos estabelecementos, de aí a nosa recomendación de preparar tamén na casa, tal e como mostramos o pasado martes (receita aquí). Non pensedes que por ser dúas receitas, imos deixar moito tempo polo camiño... ao contrario. Aquí o tedes!


Hummus


Ingredientes:

  • 400 g de garavanzos cocidos
  • 2 culleradas de aceite
  • 1 cullerada de zume limón
  • 1 cullerada de salsa tahini
  • 1 culleriña de comiño
  • 1 culleriña de pemento
  • 1 culleriña de ourego
  • Pementa moída

martes, 7 de novembro de 2017

Salsa tahini

Como vai o inicio de semana, bolboreteir@s? Agardamos que moi ben. Para vos dar máis forza e tamén apetito contamos cunha nova receita que talvez moit@s descoñezades mais que veredes as posiblidades que ofrece, especialmente dentro do veganismo.
A salsa tahini é moi utilizada nos países árabes e nos últimos anos estase introducindo tamén en territorios europeos, especialmente para a elaboración do hummus. Con todo, ten moita rendibilidade en receitas como o baba ganush ou o halva e mesmo para degustar de forma directa con pan ou bolachas salgadas.
Sendo sinceros, non tiñamos pensado preparala xa que a iamos mercar, mais vendo as dificultades para a encontrar decidimos probar sorte. E saíu ben. Ollade:



Salsa tahini



Ingredientes:

  • 4 culleradas de sésamo torrado
  • 8 culleradas de aceite de oliva
  • 2 culleradas de auga (opcional)