martes, 13 de xuño de 2017

Costeleta con salsa de mango

Amig@s, continúan as receitas. En Bolboretas no bandullo non deixamos de crear. As receitas do blogue baséanse na alimentación do noso día a día e iso queremos que vexades. É por iso que comprobades que nas últimas semanas presentamos receitas moi sinxeliñas e cun tempo de elaboración mínimo.
Gustamos de vos traer posibilidades accesíbeis tanto a nivel económico como dos propios produtos que temos ao noso redor. E aquí tedes un novo exemplo, a partir dunha costeleta, carne habitual nos nosos menús semanais e que desta volta tivo un acompañante ben novidoso, unha salsa de mango que lle refrescou as ideas!
Imos alá cun novo recurso :-)



Costeleta con salsa de mango


Ingredientes:

  • 1-2 costeletas/ persoa
  • 2-3 dentes de allo
  • Pementa moída
  • Ourego
  • Sal

Para a salsa de mango:
  • 1 manga
  • 1/2 cebola
  • 4-5 culleradas de auga
  • 1-2 cullerada de aceite
  • 1 cullerada de vinagre
  • 1 cullerada de azucre
  • Pementa moída
  • Alfábega
  • Curry
  • Coantro
  • Sal

Utensilios: unha tixola, unha prancha, un batedor e o seu vaso, unha culler. 

Elaboración:


Para comezarmos, temos de rustrir a cebola, ben picadiña, en dúas culleradas de aceite. 


De seguir, engadimos a manga, pelada e picada finamente. 


Sazonamos co sal, pementa moída, curry, alfábega e o coantro, ao noso gusto. 


Mesturamos moi ben e deixamos que se cociñe até que a manga abrande, é vedes que se consume o líquido, teremos que engadir a auga.  Tardará 5-6 minutos, aproximadamente. Trituramos e reservamos. 






A continuación, fritimos as costeletas, adobadas co sal, a pementa moída e o allo ben picado. Como vedes, nós tamén fixemos un filete. 


Servimos a carne rapidamente acompañándoa da salsa. 


E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste e que a faigades na casa porque de seguro vos vai sorprender. 


Xa vedes que isto está ao alcance de calquera persoa. Apenas hai que ficar, triturar e fritir. Ah, e si, desfrutar! A próxima costeleta que merquedes, dádelle unha nova perspectiva con esta salsa de mango. 
Unha forte aperta, amig@s e moi boa semana!!

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmm pintaza tiene ese plato ,nunca he comido la costilla asi pero seguro que estaba para rexuparse los dedos ,os ha quedado un plato de relujo.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois seguro que che encanta, tes que probar!!
      Mil grazas por pasarte!!
      Bicos!!

      Eliminar