Avanti! Nova receita, amig@s! Xa temos aquí unha nova opción para os vosos menús. Mentres descansabamos unha noite destas no sofá, ollamos un dos nosos libros gastronómicos favoritos, Cocina sana para disfrutar de Isasaweis. E de aí sempre tiramos moitas ideas. Neste caso, aproveitámonos dunha ben interesante mais adaptándoo á realidade da nosa cociña.
E por azar ou casualidade acabamos por conformar a nosa variante desta lasaña saudábel que xa non se borrará do noso padal. A lixeireza da berenxena casa á perfección coa toque intenso do lombo e así conforman un prato que non deixa indiferente.
Xa vos dixemos hai tempo que a lasaña é unha das nosas debilidades e calquera formato nos serve, non tendo que ser con pasta obrigatoriamente. As verduras ademais, sempre deben ter cabida nos nosos menús. Imos con ela!
E por azar ou casualidade acabamos por conformar a nosa variante desta lasaña saudábel que xa non se borrará do noso padal. A lixeireza da berenxena casa á perfección coa toque intenso do lombo e así conforman un prato que non deixa indiferente.
Xa vos dixemos hai tempo que a lasaña é unha das nosas debilidades e calquera formato nos serve, non tendo que ser con pasta obrigatoriamente. As verduras ademais, sempre deben ter cabida nos nosos menús. Imos con ela!
Lasaña de berenxena e lombo
Ingredientes:
- 1 berenxena mediana
- 1 tomate
- 8-10 lascas de lombo
- Queixo ao gusto
- 1 cullerada de aceite
- Pementa moída
- Allo en po
- Ourego
- Sal
Utensilios: unha fonte apta para o forno, unha táboa e un coitelo (ou unha mandolina).
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cortar a berenxena e o tomate en lascas, podémolo facer coa mandolina ou cunha táboa e un coitelo. De seguir, estendemos a cullerada de aceite polo molde e colocamos unha capa de berenxenas. Sazonámolas cun chisco de sal, a pementa moída e o ourego.
A continuación, colocamos unha capa de tomate.
Unha de lombo (ou pavo, xamón cocido, chourizo...) e uns anacos de queixo. Nós utilizamos Arzúa-Ulloa mais podedes usar o que máis vos guste.
Poñemos outra capa de berenxena sazonada, tomate, lombo, queixo e finalizamos con outra de berenxena.
Sazonámola de novo e botamos uns anacos de mozzarella (ou relada).
Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos. Cando pasen 10-12 minutos tapade o molde para que non se toste demasiado o queixo e a berenxena.
Deixamos repousar 10-15 minutos e xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste e que a probedes na casa 😉
Coidado co teclado, que xa intuímos que estades babexando! E ben normal que nos parece :-) Diso se trata, haha. A nós escribindo isto non nos dá chegado a hora de xantar. Viva a cociña e vivan as creacións culinarias, a arte máis pracenteira.
Agardamos que o desfrutedes e que haxa algunha elaboración desta lasaña de berenxena e lombo por aí. Fortísima aperta, amig@s!
Uummmmmmmmm con lo que me gustan las lasañas ya sean con verduras o pasta seguro que esta de muerte relentisima .
ResponderEliminarOs ha quedado de relujo no lo siguiente.
Bicos mil y feliz finde wap@s.
Sii, estaba deliciosa! Nós tamén somos apaixoados da lasañas e esta estaba moi saborosa!
Eliminar