Despois dunha semana de emocións e sabores con Escarlatina, chega o momento do último prato. Unha outra delicia do mundo escarlatino creado por Ledicia Costas que se encontra na precuela, "Esmeraldina, a nena defunta". Escarlatina non sempre se chamou así, de feito este é o seu nome de defunta pola enfermidade que a levou. Mais entre a vida e a morte sucedéronlle unha serie de feitos incríbeis no Hotel Fantastique que se sitúa no Salvaxe Oeste. E entre outras cousas, neste libro descubrimos de onde procede a súa paixón pola cociña. A súa avoa, A Tremenda, que tiña unha gran conexión con Esmeraldina, preparaba as receitas máis saborosas que se podían degustar. Así pois, resultaba impensábel que esta historia non fose acompañada do seu recetario, do que precisamente tiramos este saborosísimo Quiche Lorraine.
Mais... ollo (e nunca mellor dito)! Porque é tal a ledicia da nena defunta cando alguén prepara o quiche da súa avoa, que temos a sensación de que se achega facer unha visita a quen o estea cociñando... E como o sabemos? Repetinamente notamos a aparición duns ollos no noso prato e a pesar do susto inicial, recordamos que poderían ser de Escarlatina, que ás veces os perdía ou deixaba escapar como fixera coa sopa de Amancio, aínda que neste caso fora para lle dar un bo susto:
[...]
"Este Amancio é gggrancio insopogggrtable! -díxome Lady Horreur-. Que che parece se pggggracticas con el a comunicación selectiva cos vivos? Podemos dagggrlle un susto pánico!
A idea pareceume estupenda. Sobre todo, cando me explicou paso a paso en que consistía o seu plan.
- Pero iso é posíble? -preguntei, nada máis escoitar o que tiña entre mans.
-Poggggr suposto que si! Veggggrás que sinxelo e que divegggtido.
Agardamos á hora da cea. As dúas estabamos impacientes. [...] Agardamos agochadas debaixo e, tal e como acoradaramos previamente, en canto Lady me deu o aviso, púxenme a desenroscar os meus ollos a todo correr. Non era tan difícil como pensaba! Ata me alegrei de saber que era desmontables. Ñi, ñi, ñi, ñi... era como sacar a rolla dunha botella de viño. Dáballes voltas e saían pouco a pouco. Cando rematei de desenroscalos fixeron plop![...] En canto ela deu a volta, guindei os meus ollos dentro da sopa. Tiven que apertas a queixada pra non soltar un berrido. Estaba a ferver!
[...]
Amancio descubriu que un dos meus globos oculares estaba a miralo en fite desde aquel universo de fideos. O gome cando descubriu o ollo aboiando placidamente na súa culler, pegou un berro, da impresión botouse cara atrás e caeu de cu, con cadeira e todo. Quedou de patas para arriba, coma un bechoco indefenso"
[...]
Trasnadas de pantasmas, hahaha. Agora si, a receita da Tremenda!

O Quiche Lorraine de Esmeraldina, a nena defunta
Imaxes impresas a partir das ilustracións de Víctor Rivas para "Esmeraldina, a pequena defunta" |
Ingredientes:
- 1 lámina de masa crebada
- 200 g de beicon
- 200 g de queixo emmental
- 1 bola de mozzarella
- 200 ml de nata para cociñar
- 100 ml de leite
- 4 ovos
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: un molde baixo, unha tixola (prancha), un garfo, papel vexetal e un batedor eléctrico co seu vaso.
Elaboración:
Para comezarmos temos de facer a masa crebada (receita aquí). Cando a teñamos feita, cubrimos o molde con papel vexetal e colocamos a masa. Picámola cun garfo e forneamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 15-25 minutos.
Mentres tanto, picamos finamente o beicon e fritímolo un chisco na tixola (ou na prancha). Reservamos.
Tamén aproveitamos para facermos a crema. No vaso do batedor, engadimos os ovos, a nata e o leite e trituramos moi ben.
De seguir, sazonamos co sal e a pementa ao gusto. Reservamos.
Cando a masa estea a punto, sacámola do forno, colocamos o beicon na base. Despois o queixo emmental e botamos a crema dos ovos, da nata e o leite.
Por último, colocamos sobre a superficie a mozzarella cortada en anacos e volvemos ao forno a 180º, calor arriba e abaixo, durante 30-35 minutos. Para comprobar se está feita, picades a masa cun escarvadentes e, se sae limpo, é que temos a torta lista.
E xa a poderíamos comer! Agardamos que vos guste e que a faigades na vosa casa xa que realmente merece a pena!!
Antes de nada, botade unha ollada por aí cando a preparedes a ver se notades algo estraño. Talvez ande Escarlatina facendo das súas... Sexa como for, estará encantada de saber que se está a preparar este prato da gastronomía francesa tal e como o facía A Tremenda.
E deixámosvos con tempo para elaborardes, lerdes e sobre todo, desfrutardes da literatura e da gastronomía como xoias ben distinguidas da nosa cultura. Mil grazas a Ledicia Costas pola súa amabilidade e por toda a colaboración prestada nesta semana, tamén a Xerais e Sermos Galiza polo seguimento destas publicacións gastroliterarias e especialmente a vós por estardes sempre sempre aí. Unha aperta fortísima a tod@s!

me encantan las quiches pero con ésta tenemos el exito asegurado, te ha quedado de lujo,bicos
ResponderEliminarTotalmen de acordo! Esta é unha delicia!!
EliminarMil grazas!
Bicos 😘
Me encantan las quiches y seguro que esta estara de rexupete ,me marcho pipitando a comer que en una hora mevoy a trabajar pero por las ganas me quedaba un rato mas mirandola uummmmmmmmm que ganas de comer un caxin.
ResponderEliminarBicos mil y feliz domingo wap@s.
Hahahahaha! Que aproveite e que teñas un bo día!
EliminarGrazas por pasarte e unha aperta!