sábado, 28 de marzo de 2015

Craqueladas de avea e chocolate

Como prometimos onte, aquí tedes unha nova receita, desas ben doces das que tanto gustades. E como a última que puxemos con avea, tamén galletas (de avea, laranxa e anarcardios), tivo tanto éxito pois decicimos probar con outra destas larpeiradas, mais deste caso integrando o chocolate, que xa sabedes que é a nosa perdición, e a de tant@s outr@s, claro :-)
A avea é cada vez un produto máis recorrente na alimentación das persoas pola súa boa achega nutritiva e altamente saudábel, e que a través de certas receitas como esta, se dixire ás mil marabillas. Resulta ademais recomendábel para aqueles/as que teñen ganas de ir probando coa avea e non saben como. Con estas galletas ides ao seguro, encantaranvos.

Galletas de avea e chocolate

Ingredientes:
  • 150 gr de chocolate con leite
  • 100 gr de fariña de avea
  • 50 gr de azucre
  • 30 gr de manteiga
  • 1 ovo
  • 1/2 sobre de lévedo en po
  • 1 culleriña de vainilla
  • Un chisco de sal
  • Azucre glas 

Utensilios: cuncas, culler, batedor, espátula, peneiro, papel transparente, bandexa e papel de forno.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de fundir o chocolate ao baño maría ou no microndas. Cando estea derretido engadimos a manteiga e mesturamos ben. Reservamos.







De seguir, batimos o ovo e o azucre co batedor até que o ovo duplique o seu tamaño. 


Engadimos o chocolate e mesturamos boi ben coa axuda dunha espátula. 



A continuación, engadimos a fariña peneirada mesturada co sal e o lévedo. Para facerdes a fariña de avea só tedes que triturar os flocos de avea na picadora.


Mesturamos moi ben, tapamos con papel transparente e refrixeramos durante, aproximadamente 2 horas. 


Pasado ese tempo, a mestura estará máis sólida e teremos que facer bolas e pasalas por azucre glas. 



Colocámolas na bandexa do forno sobre papel vexetal e enfornamos a 200º (o forno debe estar prequente), calor arriba e abaixo, durante 10 minutos. Tedes que deixar bastante separación entre as galletas xa que medraran ao cociñarse.


Deixamos arrefriar un pouco e xa estarían listas para comer!! 


Saudábeis, nutritivas, deliciosas, divertidas... Supoño que non tardaredes en probalas. Na nosa casa duraron despois de saír do forno e reousar un momento... aproximadamente 10-15 mins. Sorprenderon polo seu agradábel sabor e sobre todo por ser tan lixeiras levando chocolate, algo non moi frecuente nas larpeiradas.
Hai sobremesas para as que convén deixar sitio durante o xantar ou cea, mais para este non vos preocupedes xa que sempre entran perfectamente, e podedes comer unhas cantas que non fartarán con facilidade nin empacharedes. Oxalá vos encanten como a nós nos encantaron. Unha forte aperta e desfrutede deste inicio de vacacións (para quen as teña, claro) ;-)

10 comentarios:

  1. me encantan estas galletas quedan preciosas y con avena nunca las hice, seguro que estan riquisimas, bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, tes que probar a facelas que seguro que che encantan!
      Un bico!

      Eliminar
  2. Seguro que estan deliciosas a las fotos me remito no dejan de decirne comemeeeeeeeeee uummmmmmmm babeando me tienes que lo sepas ,te han quedado de relujo, otra receta que me llevo a mi carpeta de pendientes.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que alegría que che gusten as receitas! A verdade é que están deliciosas!
      Unha aperta!

      Eliminar
  3. Hola! Puede cambiarse el chocolate c leche por chocolate negro?
    Muchas gracias por tu respuesta.
    Buenísimo el blog!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olaa!
      Sii, si que se pode cambiar, sen ningún problema! Con chocolate negro seguro que tamén están deliciosas.
      Xa nos contaras e grazas a ti por lernos!
      Unha aperta

      Eliminar
    2. Hola! Hice las galletas c chocolate negro y las pasé por salvado de avena. Quedaron genial, crocantes.

      Eliminar
    3. Que ben! Alegrámonos moito, se queres,envíanos unha foto para pór na nosa galería!
      Un saúdo!!

      Eliminar
  4. Ademais, seica a fariña de avea axuda a baixar o colesterol (ou polo menos a controla-lo), o problema é poder trocar o azucre por outro adozante, e a manteiga por algunha con baixo teor de colesterol (tal vez por unha a base de aceite de xirasol ou oliva).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o que intentamos é que sexan o máis saudábeis posíbel. E facéndoas na casa, van ser sempre mellores que compradas, haha!
      Hai que pensar tamén que as cantidades de manteiga e azucre son moi pequenas porque saen bastantes galletas!
      Unha aperta!

      Eliminar