Un outro martes de receita, mais un martes diferente xa que boa parte da xente está de vacacións por mor da Pascua. É por iso, que vos animo a aproveitardes o tempo libre preparando algunha que outra receita das que aquí vos presentamos. A de hoxe, de feito, pouco tempo vos quitará, podédela facer mesmo para almorzar, son cinco minutiños. Sería, sen dúbida, unha forma de recargar enerxías para todo o día xa que este smoothie nos proporciona moitísimas vitaminas.
Incribelmente é a primeira vez que probamos unha manga natural. Tiñamos degustado produtos típicos como zume, iogures, ou pasteis mais nunca traballáramos con ela así que puxémonos mans á obra. De por si xa é unha froita doce e saborosísima, mais combinada con amorodos gana moitísimo. Ollade que pouco traballo para un batido tan delicioso:
Smoothie de manga e amorodos
Ingredientes (para dous smothies):
Utensilios: vaso do batedor ou un vaso alto, batedor eléctrico, coitelo, vasos para servir.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de pelar e cortar a manga. Poñémolo no vaso do batedor, engadimos 1/2 vaso de leite e algún xeo. Batemos e botámolo no vaso en que o imos servir. Reservamos.
A continuación, facemos o mesmo cos amorodos. Lavámolos e cortámolos en anacos, agregámoslle o 1/2 vaso de leite e algún xeo e batemos moi ben.
Botamos esta mestura sobre a manga e xa estaría preparado para tomar.
Como vedes, queda moi chamativo xa que se forman dúas capas. E se probades a remexer un pouco coa culleriña comprobaredes como se van logrando formas coas cores ben divertidas, sobre todo para @s pequen@s. Para @s que aínda non vos animastes cos smoothies diríavos que non podedes agardar máis, e para @s demais, esta é unha opción diferente, moi doce e altamente nutritiva. Pensade que é unha forma de desgustar moitísima froita nuns poucos grolos. Ides quedar sen probalo??
A pesar de que hoxe aquí por Viveiro está un pouco escura a xornada, a chegada da primavera xa trouxo algúns días de sol nos que resulta vital refrescarse, e unha das mellores formas é cun delicioso smoothie. Agardamos que vos alegre o bandullo. Unha forte aperta e boa Pascua!
Ummmmmmmmmmmmm que rico mi hijo se lo habria tomado todo antes de que hicieras las fotos le encantan los smoohties.
ResponderEliminarBicos mil y feliz semana wapa.
Ola, moitas grazas. Alégrámosnos de que che gusten :-) Si, estes batidos aos pequen@s adoitan encartarlles. Unha aperta!!
ResponderEliminar