Como prometimos onte, aquí tedes unha nova receita, desas ben doces das que tanto gustades. E como a última que puxemos con avea, tamén galletas (de avea, laranxa e anarcardios), tivo tanto éxito pois decicimos probar con outra destas larpeiradas, mais deste caso integrando o chocolate, que xa sabedes que é a nosa perdición, e a de tant@s outr@s, claro :-)
A avea é cada vez un produto máis recorrente na alimentación das persoas pola súa boa achega nutritiva e altamente saudábel, e que a través de certas receitas como esta, se dixire ás mil marabillas. Resulta ademais recomendábel para aqueles/as que teñen ganas de ir probando coa avea e non saben como. Con estas galletas ides ao seguro, encantaranvos.
Galletas de avea e chocolate
- 150 gr de chocolate con leite
- 100 gr de fariña de avea
- 50 gr de azucre
- 30 gr de manteiga
- 1 ovo
- 1/2 sobre de lévedo en po
- 1 culleriña de vainilla