Bo dÃa, bolboreteirxs! Que tal vai a semana? Nós estamos desexando que chegue a finde, que temos unha pequena viaxe moi especial, mais mentres esperamos traémosvos unha nova receita.
Como ben sabedes, o domingo pasado foi o DÃa da Mamá e fixemos en familia estas deliciosas tortitas para almorzar. AÃnda que xa tedes outra receita en Bolboretas no bandullo delas, quixémola actualizar. A diferenza principal é que estas quedan máis gordiñas, asà que podedes escoller a elaboración que máis vos guste.
Na nosa casa hai gustos moi diversos para acompañalas, incluso hai quen as come soas: marmelada, crema de cacahuete, crema de abelás, lacasitos, froita... Xa nos diredes de que as acompañades vós.
Aquà vos deixamos a receita:
Tortitas
Ingredientes:
- 375 g de buttermilk (leite + zume dun limón)
- 230 g de fariña
- 2 culleradas de AOVE
- 1 ovo
- 1 cullerada de azucre moreno
- 1 cullerada de vainilla
- 1 culleriña de lévedo en po
- 1 culleriña de bicarbonato
Utensilios: dunhas cuncas, un batedor, unha tixola e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o buttermilk. Para iso, mesturamos o leite co zume dun limón e reservamos 10-15 minutos.
De seguir, engadimos o aceite.
A vainilla.
E o ovo. Reservamos.
Por outra banda, mesturamos os ingredientes secos: a fariña, o azucre, o lévedo e o bicarbonato.
Agregamos a esta mestura, o resto dos ingredientes.
E mesturamos moi ben. Deixamos repousar 10-15 minutos, mentres preparamos os ingredientes cos que as imos acompañar.
Pasado ese tempo, collemos unha tixola e botámoslle unhas gotiñas de AOVE. Imos botando a masa, nós usamos a culler do xeado para facelas todas iguais. Cando empecen a saÃr burbullas, damos a volta e deixamos uns segundos máis. Nós, cando as sacamos, tapámolas cun pano para que manteñan a calor.
Cando as teñamos todas, acompañámolas dos ingredientes que máis nos gusten e listas para comer!
Como vedes son ideais para facermos en familia e gozarmos dun almorzo tranquilo de fin de semana. Aos peques encántalles ver como van saÃndo as burbullas e despois acompañalas do que máis lles guste. E asà imos vendo quen son os máis lambóns e lambonas de cada casa.
Oxalá vos gusten!
Lémonos!
Aperta forte, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario