Bo día, bolboreteir@s! Pensabamos que estabamos ás portas do verán e... volta á realidade! Isto é Galiza, haha! Mais ben, hoxe non imos cunha receita galega. Máis ben, imos cunha receita moi distante, moi ianqui. De feito, pode parecer algo redundante o título que lle damos mais é para mostrarmos que esta receita segue con bastante fidelidade a clásica estadounidense.
De feito, traémosvolas aínda quentiñas pois levantámonos, abrimos a persiana e vendo este día, apeteceunos darnos unha homenaxe no almorzo e aí foi onde entrou en xogo esta larpeirada.
Vede que nós fixemos unha cantidade non moi grande porque como máis nos gustan son acabadas de facer, quentiñas, provocando que o chocolate se derrita, mmm... Que lambociños somos!
Imos por elas!
Tortitas americanas
Ingredientes:
- 140 ml de leite
- 130 g de fariña
- 2 culleradas de azucre
- 2 culleradas de aceite
- 1 cullerada de vainilla
- 1/2 culleriña de lévedo
- 1 ovo
- Un chisco de sal
Utensilios: un vaso batedor, un batedor eléctrico, unha tixola e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, mesturamos no vaso batedor o ovo, o azucre...
O aceite, a fariña, a vainilla e o lévedo.
Trituramos moi ben a mestura. Deixamos repousar 10 minutos.
Quentamos a tixola e engadimos unha pouca da mestura. Cando lle empecen a saír burbullas, dámoslles a volta, coa axuda da espátula, e cociñamos 1 minuto máis. E repetimos o proceso até acabar coa nosa masa.
Agardamos que vos gusten e que poñades en práctica esta deliciosa receita!
Non son un almorzo ideal para todos os días, nin por cuestións alimenticias nin por cuestións temporais, mais é un prato moi axeitado para a fin de semana, cando nos podemos permitir o luxo de investir 10 minutos nun almorzo un tanto diferente e moi moi saboroso!
Deixámosvos aquí este clásico para terdes como referencia e non perder. Forte aperta!
Uummmmmmmmmmm de rexupete no lo siguiente dan ganas de liarse a dentelladas con el monitor ,os han quedado de relujo.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Graazas!!
Eliminar