martes, 22 de maio de 2018

Lasaña de cabaciña (sen pasta)

Bo día, bolboreteir@s!! Como levades o día? Deixando xa atrás a semana grande das Letras Galegas, seguimos hoxe e sempre co compromiso co noso idioma e coa nosa cultura, que a fin de contas son os que sinais de identidade deste blogue focado na nosa paixón gastronómica.
Preparando a cea cuns amig@s chegamos á idea que hoxe vos presentamos e que vai na liña das que logran o éxito seguro pois hai certos vexetais como a cabaciña que deberían ter monumentos nas nosas cociñas debido ao xogo que nos dan.
Desta volta, emerxe nun dos pratos máis famosos da gastronomía italiana, a lasaña, na que substituímos as placas de pasta polas láminas de cabaciña.
Imos pois, coa nova creación!



Lasaña de cabaciña



Ingredientes:

  • 2 cabaciñas
  • 200 g de lascas de xamón cocido
  • 150 g de lascas de queixo
  • Queixo relado
  • Pementa moída
  • Allo en po
  • Sal
  • 1 culleriña de aceite

Utensilios: unha fonte apta para o forno, un pincel, unha mandolina (ou táboa e coitelo).


Elaboración:


Para comezarmos, cortamos as cabaciñas coa mandolina. botamos a cullerada de aceite na fonte e estirámola coa axuda do pincel. Colocamos unha capa de lascas de cabaciña e adobámolas con pementa moída, allo en po e sal, ao noso gusto. 


Poñemos unha capa de xamón cocido e queixo.


Cubrimos con máis cabaciña, sazonamos e repetimos para facermos 2-3 capas. 


Cubrimos a superficie con queixo relado e empoamos con ourego. 


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos. 


Servimos e xa estaría lista para comer! 


Agardamos que vos guste e que poñades en práctica a receita :).


Apetecíbel, non é? Moito máis lixeiro e canto a sabor, veredes que non ten nada que envexar. Estamos agardando impacientes a que nos comentedes os vosos resultados e impresións. 
Agora é a vosa quenda. Forte aperta, amig@s!

4 comentarios:

  1. A mi hijo y a mi nos encanta yo la hago muy parecida a la vuestra y la preparo en el microondas ,la publique hace años en el blog por lo facil y rica que esta.
    Como siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohh! Millóns de grazas! Para nós tamén é un básico 😊! 😘😘

      Eliminar
  2. Hai un par de días que descubrín este blog, e quedei encantado. Fantástica idea desta receita, moitas gracias por compartila!

    No meu caso, como non atopei queixo relado variado, completeina relando un pouco de semicurado e un par de mozzarellas. Éxito total.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xenial, que alegría que che guste o noso traballo ☺️☺️!!
      Mil grazas a ti por pasarte 😘😘

      Eliminar