Bo día, bolboreteirxs! Que tal? Como vai este inicio de curso? Nós aquí xa estamos a tope coa nova rutina sendo 4 e intentaremos sacar tempo para poder publicarvos varias receitas que vos temos preparadas, que están deliciosas!!
Esta fin de semana celebramos o aniversario da miña irmá e, como xa sabedes, na nosa casa somos moi lambonas e a torta tiña que ser de chocolate, non había ningunha dúbida. Estivemos buscando pola rede e, con algunhas variacións, temos aquí a torta chocolateada perfecta. Iso si, é unha bomba, quedades advertidxs!
Torta de Nutella e Lindt
Ingredientes:
Para a base:
Para o recheo:
Para a cobertura:
- 300 g de chocolate con leite
- 200 ml de nata para montar
- 40 g de manteiga
Para decoración:
- A cobertura que nos sobrou
- 14/15 bombóns Lindt
- Abelás picadas
Utensilios: un molde de 23 cm desmontábel, varias cuncas e espátulas, un batedor eléctrico, un cazo, unha manga e un bico.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as galletas e mesturalas co cacao, o azucre e a manteiga derretida. Cubrimos a base do noso molde con ela e refrixeramos mentres facemos a crema.
A continuación, temos de facer a crema principal. Empezamos mesturando a xelatina en po coa auga fría, mesturamos moi ben e deixamos repousar un pouco.
Quentamos a un pouco a Nutella e mesturámola moi ben co leite até que se integren.
A xelatina está callada, témola que quentar 15 segundos no microondas, e engadímola á Nutella mesturada co leite.
Montamos a nata e integrámola pouco a pouco. A primeira cullerada podémola mestura bo batedor manual. O resto facémolo con movemento envolventes para que non se baixe a nata.
Picamos uns bombóns e colocámolos sobre a base de galleta, despois botamos a crema e refrixeramos 2-3 horas.
De seguir, temos de quentar a nata e botala sobre o chocolate, ben picado. Mesturamos moi ben até que se integren. Agregamos a manteiga e mesturamos de novo.
Taptamos cun papel transparente, tocando a crema, e deixamos repousar 30-40 minutos. Pasado ese tempo, cubrimos a torta con esta cobertura (temos que deixar unha pouca) e refrixeramos de novo 2 horas.
A continuación, motamos co batedor eléctrico a crema da cobertura que nos sobrou e pasámola a unha manga para facer unhas flores sobre a cobertura. Colocamos bombóns entre a decoración e empoamos os bordos con abelá picada. De forma opcional, podemos empoar, tamén, con purpurina comestíbel. Refrixeramos, de novo, 2-3 horas máis.
E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica. Como vedes, é unha receita fácil aínda que ten moitos pasos. Asegurámosvos que está deliciosa, na casa triunfou! E non só é ideal para a celebración dun aniversario, senón tamén para unha comida con amizades ou familiar. Tamén sería ideal para as festas natalicias.
Como xa vos adiantamos, imos intentar coller rutina para poder publicarvos receitas cada semana porque xa imos empezar coas de outono e Samaín, que o peque xa anda pedindo.
Moitas grazas por estar estar sempre aí e unha aperta fortísima!
Lémonos, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario