Bo día, bolboreteirxs! Despois duns cantos días sen publicarvos receitas, aquí estamos con esta deliciosa ensalada, ideal para esta tempada estival e perfecta para levarmos á praia ou de paseo.
O ingrediente principal son os garavanzos, que nos decimos combinar cos seguintes productos. Porén, xa sabedes podedes usar a combinación que máis vos guste deixando voar a vosa creatividade.
Ensalada de garavanzos crocantes
Ingredientes:
- Para os garavanzos:
- Unha cullerada de allo en po
- Unha cullerada de cebola en po
- Unha cullerada de coantro
- Unha cullerada de ourego
- Unha cullerada de pemento doce
- Unha cullerada de pemento picante
- Pementa moída
- Sal
- AOVE
- Leituga
- Espinacas
- Tomate
- Cebola
- Queixo feta
- Amorodos
- Para o aliño:
- 5 culleradas de AOVE
- O zume de 1/2 limón 🍋
- 1 culleriña de mel
- 1 culleriña de mostaza
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha fritifeira de aire/forno, unha cunca grande, táboa e coitelo e unhas pinzas.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de sazonar os garavaranzos co allo e a cebola en po, o ourego, o coantro e os pementos. Tamén lle engadimos a pementa moída, o sal e un chisco de AOVE. Mesturamos moi ben.
Facémolos na fritadeira de aire a 190º durante 20 min. A metade da cocción dámoslles unha volta para que se fagan todos ben.
De seguir, temos de montar a nosa ensalada. Primeiro a leituga, as espinacas e o tomate.
A continuación, botamos uns cantos garavanzos.
A cebola, o queixo feta, os amorodos e as olivas.
Facemos o aliño. Para iso, recomendámosvos usar un bote con tapa. Botamos o AOVE, o zume de limón, o mel, a mostaza, a pementa moída e o sal. Pechamos o bote e batemos enerxicamente até que emulsione.
Engadimos o aliño sobre a ensalada. Mesturamos moi ben e xa estaría lista para comer!
Que vos parece? Ten boa pinta? Como vedes non vos damos moitas cantidades para facerdes a ensalada, xa que pensamos que a tedes que adaptar aos vosos gustos e ás vosas preferencias.
Lémonos! Aperta forte, bolboreteirxs 🥰❣️
Ningún comentario:
Publicar un comentario