Hai uns días os nosos amigxs de Quinteiro doce, dos que somos fans desde hai ben tempo, ensináronnos as súas especias de Quinteiro 13, na que teñen unha gran variedade e sobre todo, unha pintaza incríbel. Propuxéronnos escoller algunhas para traballar con elas e non foi tarefa doada. O noso propósito finalmente foi elaborar unha receita salgada e unha doce e hoxe ímosvos presentar a primeira.
Tacos de polo ao curry
Ingredientes:
Para o polo ao curry:
Para a cebola encurtida:
- 2 cebola moradas
- 1 vaso de auga
- 1 vaso de vinagre branco
- 1 cullerada de azucre
- 1/2 cullerada de sal
Para o pico de galo:
- 1 tomate pequeno
- 1 cebola pequena
- Zume de 1 lima
- Coantro
- Sal
Utensilios: unha tixola ou un wok, e outra tixola, unha pota/fritifeira de aire/forno, papel de prata, táboa e coitelo, un bote (mellor hermético) e unha cunca, tamén varias culleres.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a cebola encurtida. Para iso, cortamos a cebola en xuliana e metémola nun bote. Reservamos.
De seguir, quentamos a auga, o vinagre, o sal e o azucre até que se integren todos os ingrendientes, aproximadamente 2-3 minutos.
Vertemos o líquido sobre a cebola. Pechamos o bote e axitamos para empapar a cebola.
Reservamos durante 2-3 horas, nas que veremos como a cebola se volve dunha cor rosa, e xa estaría lista para usar.
Para o polo, temos de cocer ou asar a peituga. Nós empaquetámola con papel de prata e cociñámola 25 min na fritideira de aire a 180º. Deixamos que arrefríe un pouco e desfacémola coas mans, coma se estivesemos separándoa en fíos.
A continuación, rustrimos en 2 culleradas de AOVE o allo picadiño, cando empece a cambiar de cor agregamos o curry de Quinteiro 13, mesturamos e cociñamos 1 min máis.
Botamos o polo e remexemos para que se impregne ben do curry.
Engadimos o leite de coco e cociñamos, a lume medio, durante 14-15 minutos. Botamos o zume de lima e apagamos o lume. Reservamos.
Para facermos o pico de galo, temos de picar o tomate 🍅 e a cebola 🧅 e aliñalas con zume de lima, coantro e sal. Reservamos.
Empezamos a montaxe dos tacos. Comezamos quentando as tortillas 15 seg por cada lado a lume forte (nós humedecímolas antes) e colocamos, primeiramente, o polo, despois o pico de galo, o aguacate -cortado en láminas- e a cebola encurtida. Repetimos a operación as veces que queiramos. Para isto, o ideal é preparar a Mise en place e ter todo colocado na mesa (ou encimeira) para que sexa máis sinxelo facelo.
Servimos acompañando os nosos tacos 🌮 de máis lima, para quen lle apeteza, e xa estarían listos para comer.
Agardamos que cos gusten e poñades este prato en práctica.
Que vos parece? Aínda que vexades que son moitos pasos, son moi sinxelos e fanse rápido. Ademais, merecen totalmente a pena. O curry, que é un básico sempre na nosa alacena, é o elemento principal desta receita xa que é o que lle vai dar todo o sabor. O curry de @ é espectacular, tanto polo sabor que lle achega aos ingredientes, como pola cor que lles ofrece. Menuda elección a nosa 🤤
Lémonos! Aperta forte, bolboreteirxs 🥰❣️
Ningún comentario:
Publicar un comentario