martes, 9 de abril de 2024

Pastel invertido de berenxena

Bo día, bolboreteirxs. Como vai a semana? Nós estamos moi ben, preparando unha viaxe moi especial que faremos a próxima semana 🤭! Hoxe traémosvos unha receita deliciosa e moi moi vistosa. O outro día vímola por Instagram e decidimos adaptala segundo os nosos gustos e os ingredientes que tiñamos na casa. É que sorpresa cando a probamos, vai ser un prato recurrente no noso menú e unha nova forma de comer berenxenas, unha verdura que nos encanta. Aquí vai a receita: 

Pastel invertido de berenxena



Ingredientes: 

  • 1 lámina de masa crebada
  • 1 berenxena 🍆    
  • 1/2 cebola 🧅 
  • 1 anaco de queixo feita 
  • Unha presada de pistachos
  • 1 cullerada de pasta de curry
  • 1 cullerada de mel
  • Unha cullerada de AOVE


Utensilios: un molde apto para o forno, papel vexetal e unha táboa e un coitelo.


Elaboración: 



Para comezarmos, temos de colocar un papel vexetal sobre o molde (para que sexa máis fácil desmoldar) e botamos as culleradas de curry, mel e AOVE e esparcimos ben por toda a superficie.

      

Despois, colocamos as berenxenas, cortadas en láminas, pistachos troceados e o queixo, tamén en faragullas.


Tapamos cos masa crebada e metemos ben os bordos para que despois quede máis vistosa. 



Picamos a masa cun garfo e enfornamos a 200°, calor arriba e abaixo, durante 25-30 minutos. 



Desmoldamos e servimos! E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica.


Asegurámosvos que é unha receita deliciosa, e adictiva! Fixémola onte para cear e xa andamos pensando cando a imos volver facer 🤭🤭! 


Ademais, como vedes, é moi fácil e podédela adaptar segundo os vosos gustos: con cabaciña, améndoas, abelás… ou incluso engadindo espárragos ou tomate! De todas formas, é un prato riquísimo, saudábel, e moi sinxela de preparar, polo que oxalá vos guste. 

Lémonos! Apera forte, bolboreteirxs 🥰❣️

Ningún comentario:

Publicar un comentario