Feliz día das tortillas, bolboreteirxs! Hoxe, ademais de San Patricio, en Viveiro celébrase o día das tortillas e, aínda que non estivemos por alí, seguimos coa tradición de comer tortilla. Porén, decidimos probar a facer a tortilla coas patacas fritidas de bolsa e, aínda que non tiñamos moitas expectativas, a verdade é que nos sorprendeu moi gratamente. Para esta tortilla, adaptamos a receita de Ferrán Adriá! Aquí vos deixamos a nosa versión:
Tortilla rápida
Ingredientes:
Utensilios: unha cunca, un batedor manual, unha tixola con tapa, unha espátula e un prato.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de bater os ovos co batedor até que estean espumosos.
Agregamos as patacas, que partimos coas mans. E deixamos repousar 4-5 minutos para que as patacas abranden. Nós usamos patacas da Casa Vella, feitas cos AOVE e sen sal.
De seguir, botamos a cebola caramelizada e sazonamos coa pementa e o sal.
Quentamos a tixola e botámoslle un chisco de AOVE. Botamos a mestura das patacas cos ovos e a cebola e cociñamos por ambos os lados. Aquí o tempo vai depender do noso gusto. A nós gústanos feitiña e deixámola 3-4 minutos por cada lado.
Como vedes, é unha receita moi sinxela e rápida! É ideal para facer en días que teñamos pouco tempo! É asegurámosvos que ten un sabor sorprendente, moi moi similar á torilla tradicional. Contádenos, xa probastes a facela?
Unha aperta, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario