Volvemos cunha receita deliciosa, tamén sinxela, que é a nosa versión, ou adaptación, do KATSU CURRY, tamén chamado Katsu Karé, que orixinalmente se fai con porco tonkatsu. Nós decidimos facela con polo e a salsa de curry con boniato e cebola e, a verdade, é que quedou espectacular. Como xa sabedes nós somos amantes do picante, polo que usamos un curry picante, mais iso é totalmente opcional.
Aquí tedes esta deliciosa receita:
Katsu curry
Ingredientes:
- Filetes de polo
- Pan relado
- Especias: ourego, allo en po, cebola en po, pementa moída e sal
Utensilios: unha tixola, unha cunca, un batedor manual, unha táboa e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o arroz. Para iso, cocemos o arroz en auga ou caldo até que estea no seu punto. Nós fixémolo no microondas. Poñemos o arroz 30 seg no micro e, pasado ese tempo, botamos o líquido e cociñamos 22 min máis.
De seguir, facemos o curry. Rustrimos a cebola e o boniato, cortados en dados, nunha cullerada de AOVE até que comecen a abrandar.
Agregamos a auga e cociñamos 10-12 minutos.
Finalmente, facemos as peitugas. Sazonámolas coas especias e pasámolas pola pan relado. Rustrímolas nunha tixola cun chisco de AOVE ou facémolas na fritifeira de aire.
E chegou a hora de montar o noso prato! Moi fácil, só temos que colocar o arroz, a salsa de curry e a peituga por separado, xa que queda moito máis visual. Servimos, mesturamos e xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste e que poñafes en práctica a receita.
Como vedes, é moi colorida e vistosa e, ademais, é absolutamente deliciosa 😋! Salvo a pasta de curry, todos os ingredientes son comúns e témolos todos na casa! E o curry xa o encontramos en case todos os supermercados.
Por fin estamos de volta, pronto volvemos con máis receitas! Unha aperta forte, bolboreteirxs 🥰! Lémonos ❤️!
Ningún comentario:
Publicar un comentario