Boa tarde, bolboreteir@s! Aquí estamos acabados de comer, ben satisfeitos e coa receita acabada de saír do forno. Nunca mellor dito. Probando novas ideas para comer e tamén para ir incorporando á alimentación de Xiao pensamos nun prato de carne moi sinxelo e un pouco diferente a outros que preparamos máis aproximados á rutina.
Un dos aspectos que favorecen a elaboración desta prato é a acumulación de propiedades e vitaminas pois estamos a integrar desde carne a verduras, lácteos e ovos. Unha aposta ben completiña, está claro.
Canto á dificultade, moi baixa, non dá máis traballo que calquera outro prato no que se deban combinar ingredientes. E veredes que aínda que dese traballo, merecería a pena con este resultado. Aquí o vedes.
Pastel de carne
Ingredientes:
- 1 kg de carne picada
- 1 cabaciña
- 1 pemento vermello
- 1 cebola
- 1 iogur natural
- 2 ovos
- Queixo relado
- Ourego
- Allo en po
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha cunca, unha picadora, unha culler e unha fonte apta para o forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar a cabaciña, o pemento e a cebola.
Engadimos os ovos e mesturamos moi ben.
Botamos a mestura no molde escollido.
Enfornamos a 200°, calor arriba e abaixo, durante 60 min. Botamos o queixo e deixamos que gratine, 5-10 minutos máis.
E xa estaría listo para comer! Agardamos que vos guste tanto como a nós e que nos mandedes algunha foto dos vosos resultados xa que nos encanta ver como mellorades as receitas co voso toque persoal. Forte aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario