sábado, 25 de xullo de 2020

Caracolas de chocolate

Ola, bolboreteir@s!!! Si, a ver, o da dieta talvez quede para outra semana, outro verán ou outra pandemia porque non nos podemos resistir ante tantas tentacións cerca. Desta volta, ante a visita dunha amiga pensamos en preparar algo moi lambón en pouquiño tempo e demos coa combinación que cumpre á perfección eses requisitos. Se hai algo que nunca decepciona é a mestura de follado e chocolate. 100% eficaz (senón, devolverémoslle o tempo investido na preparación da receita, que ben pouco é).
Trenzas, flores, caracolas... non é moita innovación. Simplemente damos un aspecto que nos guste e despois simplemente toca gozar. O dito, aquí está a nova lambiscada!






Caracolas de chocolate


Ingredientes:


  • 2 láminas de follado
  • Crema de cacao con abelás
  • 1 ovo
  • Azucre (opcional)








Utensilios: unha bandexa apta para o forno, papel vexetal, un pincel e un coitelo.




Elaboración:


Para comezarmos, temos de estirar unha das láminas do follado. 


Estendemos unha capa de crema de cacao. 


Tapamos coa outra capa de follado. 


Cortamos en tiras a masa rechea. 


Enrolamos sobre si mesmas as tiras.


E, despois, facemos círculos.


Pintamos con ovo batido e, se queredes, empoade cun chisco de azucre. 


Enfornamos a 220º, calor arriba e abaixo, até que estean douradas, aproximadamente 15 minutos. 


Deixamos que se atemperen un pouco e xa estarían listas para comer!


Agardamos que vos gusten e que lles podades tirar proveito para unha merenda ben gustosa ou unha sobremesa rápida que cumpre co esperado. Até a próxima, amig@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario