sábado, 15 de agosto de 2020

Vasiños de Kinder Bueno

Boas, bolboreteir@s! Como imos? Por aquí gozando das últimas semanas de vacacións e algo preocupados co retorno ás aulas, que pinta un tanto escuro. Non sabemos que vai pasar nos próximos meses, mais vai haber que ir facendo acopio do lévedo, fariña e demais. Que despois non queda!!

Nós seguimos dando ideas, ben para un día de luxo, ou ben para calquera día no que esteades animados a compensar as calorías con ben de deporte despois, haha.

Estas semanas por aquí andamos algo máis deportivos vendo que as competicións non profesionais van tardar en regresar. Mais non chega todo o deporte que facemos para tantas lambetadas que papamos. Entre receitas do blogue, convites e demais... Con ollor o noso Instagram veredes que é certo. E aquí unha proba evidente!



Vasiños de Kinder Bueno


Ingredientes:

     
  • 8 barras de Kinder Bueno
  • 250 g de queixo Mascarpone
  • 6 culleradas de nata
  • 6 culleradas de leite condensado 
  • 2 culleradas de cacao puro en po




Utensilios: un batedor eléctrico, unha cunca, unha picadora e uns vasiños.


Elaboración: 

Para comezarmos, temos de picar 6 barras do Kinder e colocámolas no fondo dos vasos. 



De seguir, batemos o leite condensado, a nata, o queixo e o cacao.









 Botamos a crema nos vasiños e decoramos con máis Kinder.



Refrixeramos, como mínimo, 2 horas e xa estarían listos para comer! Xa non fixemos moitos porque nos coñecemos aínda que cando os estabamos comendo, arrepentímonos... Nós de vós fariamos algún máis, haha. Aperta forte, amig@s!


Ningún comentario:

Publicar un comentario