Ola, bolboreteir@s!! Esta semana tivemos algo desatendido isto pois andamos metidos en plena mudanza e iso si que xa non é tan compatíbel coa creatividade gastronómica. Con comer si, aínda que esta semana vímonos comendo uns bocadillos no chan a horas un tanto descadradas. Mais iso tamén está simpático unha vez de vez en cando, haha.
De todas formas, traémosvos a última creación, feita o pasado luns, con motivo da visita a algúns amig@s e familia que faciamos meses que non viamos con esta situación que estamos a vivir. Xa sabedes, para celebrar, a gastronomía e a dozura sempre da man. E esta receita que collemos prestada de Alma Obregón é top!
Ollade unha nova idea para facer galletas e galletas sen parar. A babexar un pouco!
Galletas americanas
Ingredientes:
Para as galletas de vainilla:
Para as galletas de chocolate:
- 150 g de fariña
- 115 g de azucre moreno
- 60 g de azucre branco
- 50 g de cacao puro
- 1 ovo
- 1 culleriña de lévedo en po
- Para decorar: boliñas de cores
Utensilios: unha cunca, unha espátula, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Elaboración:
Aínda que sexan diferentes os ingredientes, os procesos son similares. Para comezarmos, temos de bater a manteiga cos dous tipos de azucre.
Agregamos o ovo e, no caso das galletas de vainilla, a vainilla.
De seguir, a fariña co bicarbonato e, nas de chocolate, a fariña, co cacao e o lévedo.
Temos amasar até ter unha masa homoxénea. Facemos unha bóla, cubrímola con papel transparente e refrixeramos 30-45 min.
Pasado ese tempo, facemos boliñas e aplanámolas un pouco. Enfornamos a 180º, co forno prequente, calor arriba e abaixo, durante 10 min. Colocamos as boliñas de cores e deixamos que arrefríen.
Aquí, por suposto, nada quedou. Xa fixemos unha boa remesa para poder repetir mais aínda así, despistámonos e... voaron. Forte aperta, amig@s!!
Ola. Entre os ingredientes das galletas de chocolate non está a mantequilla. Botádeslle tamén 150 gramos?
ResponderEliminar