xoves, 19 de decembro de 2019

Tosta de solombo e queixo de cabra

Boa tarde, bolboreteir@s! Como vai todo? Aquí andamos con avaliacións antes das vacacións e aproveitando os temporais para seguir creando.
Desta volta imos cunha tosta, un clásico de moitas tascas galegas que xa había tempo que non preparabamos. O capricho desta volta veu dado pola cea do sábado no Gastrobar Los Leones de Viveiro, na que descubrimos con varias amizades algún petisco destes para recrear. E este foi o máis destacado. Hai combinacións que non fan sentido até que se xuntan no padal. Ollo con isto! :-) 




Tosta de solombo e queixo de cabra




Ingredientes:


  • Pan
  • Toros de solombo
  • Un rulo de queixo de cabra
  • 2 cebolas
  • 2 culleradas de azucre
  • 1 culerada de vinagre
  • Aceite de oliva
  • Especias ao gusto
  • Pementa moída
  • Sal
  • Marmelada de tomate (opcional)

Utensilios: unha tixola, unha prancha, unha espátula e un prato.



Elaboración:


Para comezarmos, temos de facer a cebola caramelizada. Cortamos a cebola en xuliana e rustrímola, a lume moi baixo, en dúas culleradas de aceite e sazonada con pementa e sal até que abrande completamente e teña unha cor dourada, aproximadamente 30 min.


De seguir, agregamos o azucre e o vinagre e cociñamos 5 min máis. Reservamos.











Cortamos o pan en torros e torrámolo na prancha. Facemos o mesmo co queixo. Reservamos.


Por último, preparamos o solombo. Adobámolo coas especias que máis nos gustan e facémolo na prancha. Nós pasámolo moi ben, mais iso queda ao voso gusto.


E chegou a hora de montar a nosa tosta! Sobre o pan facemos unha cama de cebola.


Despois colocamos o solombo e o queixo.









Finalmente, un chisco de marmelada.


E xa estarían listas para comer!


Agardamos que vos gusten. De seguro que se vos animades a probar, non vai ser a única vez. Delicia ben sinxela. Xa nos contades. Aperta forte, bolboreteir@s!

5 comentarios:

  1. Os han quedado unas tostas de relujo y no dudo ni un segundo que estén de muerte relenta no lo siguiente 😋
    Os deseo unas felices fiestas y un próspero año nuevo en compañía de vuestros seres queridos.
    Bicos mil para los tres y feliz finde wap@s 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Madre del amor hermoso estoy comentando desde el móvil y acabo de flipar con lo que hay escrito será el traductor espero que no quede como lo estoy leyendo yo pues no tiene sentido 🙈

      Eliminar
    2. Está perfecto! Non te preocupes, sabemos como se comporta o corrector ás veces 😉!
      Unhas tostas deliciosas e ideais para unha cea 🙂!
      Unha aperta e feliz 2020!

      Eliminar
  2. Probarei esta receita nos próximos días. Que sorte temos coa vosa cociña!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa nos contarás!
      Mil grazas a ti por lernos 😘😘❤️❤️

      Eliminar