Boa tarde, bolboreteir@s! Como vai todo? Aquí andamos con avaliacións antes das vacacións e aproveitando os temporais para seguir creando.
Desta volta imos cunha tosta, un clásico de moitas tascas galegas que xa había tempo que non preparabamos. O capricho desta volta veu dado pola cea do sábado no Gastrobar Los Leones de Viveiro, na que descubrimos con varias amizades algún petisco destes para recrear. E este foi o máis destacado. Hai combinacións que non fan sentido até que se xuntan no padal. Ollo con isto! :-)
Desta volta imos cunha tosta, un clásico de moitas tascas galegas que xa había tempo que non preparabamos. O capricho desta volta veu dado pola cea do sábado no Gastrobar Los Leones de Viveiro, na que descubrimos con varias amizades algún petisco destes para recrear. E este foi o máis destacado. Hai combinacións que non fan sentido até que se xuntan no padal. Ollo con isto! :-)
Tosta de solombo e queixo de cabra
Ingredientes:
- Pan
- Toros de solombo
- Un rulo de queixo de cabra
- 2 cebolas
- 2 culleradas de azucre
- 1 culerada de vinagre
- Aceite de oliva
- Especias ao gusto
- Pementa moída
- Sal
- Marmelada de tomate (opcional)
Utensilios: unha tixola, unha prancha, unha espátula e un prato.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a cebola caramelizada. Cortamos a cebola en xuliana e rustrímola, a lume moi baixo, en dúas culleradas de aceite e sazonada con pementa e sal até que abrande completamente e teña unha cor dourada, aproximadamente 30 min.
De seguir, agregamos o azucre e o vinagre e cociñamos 5 min máis. Reservamos.
Cortamos o pan en torros e torrámolo na prancha. Facemos o mesmo co queixo. Reservamos.
Por último, preparamos o solombo. Adobámolo coas especias que máis nos gustan e facémolo na prancha. Nós pasámolo moi ben, mais iso queda ao voso gusto.
E chegou a hora de montar a nosa tosta! Sobre o pan facemos unha cama de cebola.
Despois colocamos o solombo e o queixo.
Finalmente, un chisco de marmelada.
E xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos gusten. De seguro que se vos animades a probar, non vai ser a única vez. Delicia ben sinxela. Xa nos contades. Aperta forte, bolboreteir@s!
Os han quedado unas tostas de relujo y no dudo ni un segundo que estén de muerte relenta no lo siguiente 😋
ResponderEliminarOs deseo unas felices fiestas y un próspero año nuevo en compañía de vuestros seres queridos.
Bicos mil para los tres y feliz finde wap@s 😘
Madre del amor hermoso estoy comentando desde el móvil y acabo de flipar con lo que hay escrito será el traductor espero que no quede como lo estoy leyendo yo pues no tiene sentido 🙈
EliminarEstá perfecto! Non te preocupes, sabemos como se comporta o corrector ás veces 😉!
EliminarUnhas tostas deliciosas e ideais para unha cea 🙂!
Unha aperta e feliz 2020!
Probarei esta receita nos próximos días. Que sorte temos coa vosa cociña!
ResponderEliminarPois xa nos contarás!
EliminarMil grazas a ti por lernos 😘😘❤️❤️