Olaaaaaaa!!!!!!!!!! Apenas dúas semanas para o Nadal e aquí xa temos os menús decididos e as larpeiradas pensadas para os grandes festíns alimenticios.
E hoxe cumprimos cunha autodemanda que nos tiñamos feitos desde hai ben tempo: o panettone. Unha das sobremesas por excelencia do Nadal, especialmente en Italia onde se converte en verdadeiro epicentro das mesas natalicias.
Pois ben, nós que somos amantes das masas e das preparacións de pan, tiñamos que facer isto antes ou despois. É certo que non é un doce que adoitemos mercar na nosa casa, non temos esa tradición e de feito até hai nada non o probaramos. Porén, foi degustalo e confirmar o éxito deste produto. Iso si, cremos que é un deses produtos que gañan moitísimo con elaboración caseira. Ou será que saíu moi ben por aquí... hehe. Aquí vai!
Panettone
Ingredientes:
Prefermento:
Masa:
Recheo e decoración:
- Chocolate con leite
- Abelás
- Boliñas de chocolate
- Manteiga
- 2 culleradas de leite
Utensilios: un vaso, unha cunca, papel transparente, unha culler, un rolete e un batedor manual.
Elaboración:
Como ides ver, é unha masa sinxela mais leva un cachiño. Comezamos facendo o prefermento (venres 20h). Para iso, diluímos o lévedo na auga e despois botamos a fariña e o azucre. Mesturamos moi ben.
Deixamos repousar 30-40 minutos. Reservamos.
A continuación (venres 20:45), batemos os ovos e engadimos a manteiga.
Agregamos o azucre, as reladuras e un chisco de sal. Mesturamos ben.
Botamos o prefermento e comezamos a engadir a fariña, pouco a pouco. Chegará un punto en que teñamos que amasar coas mans. Tapamos con papel transparente e deixamos repousar un mínimo de 4 horas, nós deixamos toda a noite.
Sábado 9:00. Quitámoslle o aire e estiramos cun rolete. Empoamos co chocolate, as abelás e as boliñas de cores.
Pechamos a masa e colocámola no molde. Tedes que mirar de repartir ben o recheo, a nós quedounos amontoado por partes. Tapamos e deixamos repousar 2-3 horas.
Sábado 12:30. Opcionalmente, podemos facer un cortes na superficie, pintalo con leite e pór uns anacos de manteiga. Enfornamos a 180º, co forno prequente, calor abaixo e ventilador, durante 50-55 minutos. Ollo! Sube bastante no forno, non o poñades moi arriba ;)
Deixamos que arrefríe un pouco e xa estaría listo para comer!
hace años que lo preparo en casa nada que ver con los que se compran ,a mi madre mi sobrina y a mi nos gusta con frutas escarchadas a mi hijo y hermano con pepitas de chocolate y mi costillo sin nada asi que toca hacer tres.
ResponderEliminarOs ha quedado de relujo la foto del corte es divinisimooooooo y seguro que estaba de muerte relenta.
Bicos mil para los tres y feliz semana wap@s.
Totalmente de acordo! Hai receitas que son un millón de veces mellores se as fas na casa 🙂!
EliminarUnha aperta ❤️
E como estar nun museo de cociña.
ResponderEliminarGustariame q non renegasedes da cociña galega. O 'panetone' en Galiza é o PAN DE OVOS! Qe coido se facía coa mesma masa do 'Carrapito' (no Barbansa) ou trenza da pascoa. Ás veces con pasas no medio.
ResponderEliminar