Bo día, bolboreteir@s! Fin de semana de Maruxaina, finde de festas e finde de moito comer. @s lambóns estamos de noraboa, claro! Así pois, sumámonos con esta tremenda receita. Ides pensar que estamos obsesionados cos péxegos e moita razón non vos falta. Recordade que os antollos son frecuentes nesta familia ultimamente e desta volta deunos por unha froita. É certo que tivemos que mercalos porque aínda non se nos dan mais ante a gula pouco nos puidemos resistir.
Despois da marmelada e da torta de chocolate e pexegos, hoxe traemos unha outra torta moito máis fresca e lixeira, ideal para estes días de calmazo.
Aquí uns cantos amig@s deron boa conta dela e pouco durou sobre a mesa. Preguntaban pola receita e agora xa vai ficar ao seu dispor para elas e tamén para tod@s vós.
Torta mousse de pexegos
Ingredientes (para un molde de 26 cm):
Para a base:
Para o recheo:
Para a decoración:
- 2 pexegos
- 4-5 galletas oreo
Utensilios: un molde de 26 cm, unha picadora, un batedor eléctrico, dúas/tres cuncas, un coitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a base. Para iso, picamos as galletas.
E mesturámolas coa manteiga derretida.
Estendémola sobre o fondo do molde e cubrimos moi ben con ela. Reservamos no frigorífico.
Para facer o recheo, temos de hidratar en auga as láminas de xelatina. Mentres tanto, mesturamos o iogur co azucre e o zume de laranxa.
Engadimos os pexegos pelados e ben triturados e mesturamos moi ben. Quentamos a crema sen que chegue a ferver.
Botamos as láminas de xelatina escoadas e mesturamos de novo. Temos a mestura a lume baixo durante 4-5 minutos mais sen que ferva. Reservamos uns minutos para que se atempere.
Montamos a nata e incorporámola á mestura anterior.
Botamos a crema no molde e refrixeramos 3-4 horas, ou até que calle ben.
Pasado ese tempo, decoramos cos pexegos e as oreo. Pelamos os pexegos e facemos láminas, cubrimos toda a superficie. De seguir, trituramos as galletas e empoamos con ela a torta.
E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste!
Apetecíbel, non é? Se gustades das tortas semifrías, das larpeiradas de froitas e especialmente dos pexegos... ides devecer. Gozade inmensamente a finde e a receita. Aperta forte, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario