Boas, bolboreteir@s! Filloas en agosto? por favor, non vos asustedes que non imos mostrar a nosa obsesión coa repostaría de Entroido nestes días, mais vimos sempre reivindicando o papel das filloas salgadas para a configuración de receitas exquisitas, nun chanzo superior a aquelas receitas nas que se utilizan pans como tortitas e demais.
Desta volta escollemos unha filloas moi coloridas grazas a esta verdura que asociamos tradicionalmente a aquel querido Popeye da nosa infancia. Ademais, é unha das nosas verduras de referencia para o cociñado debido ao seu sabor suave e á adaptabilidade que ofrecen. Desta volta, aparecen tamén con esa suavidade que se deixa levar por un recheo clásico, dos que non fallan. Aí vai!
Desta volta escollemos unha filloas moi coloridas grazas a esta verdura que asociamos tradicionalmente a aquel querido Popeye da nosa infancia. Ademais, é unha das nosas verduras de referencia para o cociñado debido ao seu sabor suave e á adaptabilidade que ofrecen. Desta volta, aparecen tamén con esa suavidade que se deixa levar por un recheo clásico, dos que non fallan. Aí vai!
Filloas de espinacas recheas
Ingredientes:
Para as filloas:
Para o recheo:
- 10-12 champiñóns
- Unhas lascas de xamón
- 1 cebola pequena
- 1-2 dentes de allo
- 1-2 ovos (opcional)
- Queixo relado (opcional)
- Aceite
Utensilios: dúas cuncas, un batedor eléctrico e un manual, unha tixola e unha tapa.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as espinacas. Se utilizades espinacas frescas, é probábel que teñades que engadir un chisco de auga para bater mellor. Reservamos.
Noutra cunca, batemos o ovo, o leite, o iogur e as especias ao gusto.
Mesturamos coas espinacas trituradas.
Agregamos, pouco a pouco, a fariña. Reservamos 25-30 minutos.
Mentres tanto, rustrimos os dentes de allo e a cebola ben picadiños en dúas culleradas de aceite.
Botamos os champiñóns laminados.
Cando estean ben cociñados, agregamos o xamón, cortado en cadradiños e mesturamos moi ben.
Xa poderiamos deixar así o recheo mais, se vos gusta, podedes engadir un par de ovos e facer un revolto. Reservamos.
Nunha tixola, engrasada cun chisco de aceite, imos facendo as nosas filloas. Botamos unha pouca cantidade e estendémola moi ben pola tixola. Cociñamos sobre 2 minutos por cada lado. A nós para darlles a volta foinos moi útil a tapa dunha tixola, porque cos dedos a masa rompía un pouco. Así que teredes que probar que é o máis sinxelo para vós ;)
Reenchemos co salteado ou revolto, opcionalmente tamén podedes engadir un chisco de queixo.
E xa estarían listas para comer! Que aproveite!
Aquí papámolas ao xantar de maneira case que vampiresco, metendo o dente cada volta con máis ansia. Ficades así cunha idea que se pode adaptar aos vosos gustos e que vos dará moi bo proveito. Forte aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario