sábado, 13 de xullo de 2019

Galleta de chocolate e arandos no microondas

Bo día, bolboreteir@s!! Aquí vos presentamos a última creación, destas que mandamos para a categoría de receitas fugaces e que tanto nos prestan.
Ao igual que os biscoitos de tres minutos (os famosos mugcakes) este tipo de lambetadas veñen moi ben para os almorzos cun chisco máis de tempo mais sen moito esforzo tampouco. Para @s que vos erguedes con tempo pola semana, podédeslle dar uso calquera día e os demais, aproveitádela o día libre para vos dar unha pequena homenaxe. 
Sexa como for, ollade que receita máis recorrente!


Galleta de chocolate e arandos no microondas



Ingredientes:

  • 65 g de fariña integral
  • 50 g de azucre
  • 20 g de copos de avea
  • 20 g de aceite de oliva
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de vainilla
  • 1/2 culleriña de bicarbonato
  • Un chisco de sal
  • Chocolate
  • Arandos

Utensilios: un microondas, unha cunca, unha culler, un prato e papel vexetal.


Elaboración:


Para comezarmos, mesturamos a fariña, o azucre, os copos de avea, o bicarbonato e o sal. 


Engadimos o ovo, o aceite e a vainilla. 


Botamos o chocolate troceado. 


Cubrimos un prato con papel vexetal e colocamos os arandos e algún cachiño máis de chocolate. 


Metemos no microondas a máxima potencia durante, aproximadamente, 4 minutos. Aquí tedes que controlar o voso aparello, xa que pode ser un chisco menos ou un chisco máis. 


Deixamos que arrefríe un pouco.


E xa estaría lista para comer! Certo é que igual que se fai rápido, tamén se papa rápido porque aínda que é grande, entra moi ben xa de boa mañá dando enerxía para o día.
Agardemos que a poñedes en práctica e nos comentedes o éxito do resultado! ;-) Aperta, bolboreteir@s!


1 comentario:

  1. Managing the bankroll correctly is important guarantee that|to make certain that} a participant doesn’t guess a better amount than they’re able to lose. It additionally permits a participant to keep away from topping up the stability in their account when offended or when they can’t afford more money for overlaying their potential losses. Proper bankroll administration is what ensures that an off-the-cuff gambler doesn’t turn out 코인카지노 to be an issue gambler. It also can stop dropping every little thing when a person turns into an issue gambler. If the on line casino doesn't present a history of past arms, hold observe yourself that you simply can|so as to|to find a way to} see past wins and losses for participant and banker and regulate your betting accordingly. Although past wins or losses have completely no bearing on the next hand.

    ResponderEliminar