Bo día, bolboretei@s! Home vimos con moita forza e ilusión. Ben, non é nada novo isto mais hai moito de especial na receita de hoxe. Si, repetimos madalenas mais desta volta as madalenas traen sorpresa. E vaia sorpresa!!
Diciámosvos o outro día que para gozar dunhas madalenas abonda coa textura e sabor tan característicos, sendo as de vainilla que presentamos o pasado sábado unha moi boa opción. Pero sabemos tamén que hai lambonciñ@s que perden a cabeza polos recheos, polas cremas, de aí que decidíramos crear unha versión aínda máis larpeira. Xa vos adiantamos que é moi, moi doce!
Imos contextualizar. Como algúns intuístes por diferentes comentarios, receitas e sobre todo se nos vistes en persoa, estamos agardando a chegada dun pequeno bolboreteiro. E estamos inmensamente felices. As persoas máis achegadas xa o sabían mais tiñamos preparada unha sorpresa para que as amizades coñecesen o sexo do bebé. Eles e elas xa a descubriron. Agora tócavos a vós (tiñamos as opcións de verde azulado para neno- vermello para nena e branco se aínda non se sabía... ;-)). Imos coa receita!
Madalenas con sorpresa
Ingredientes:
Crema de vainilla:- 500 ml de leite
- 2 ovos
- 4 culleradas de azucre
- 2 culleradas de maizena
- 2 culleradas de vainilla
- Colorante
Para decorar: boliñas de cores.
Utensilios: unha cunca, unha pota, un batedor manual, un descorazonador de mazás, un coitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer as madalenas de vainilla, poden ser as da anterior entrada no blog. A continuación, facemos a crema de vainilla. Para comezarmos, batemos os ovos coa maizena até que se integren moi ben.
Despois, agregamos o azucre, a vainilla e o leite e mesturamos de novo até que se integren os ingredientes.
Botamos a mestura nun cazo e levamos ao lume, medio, até que a crema comece a espesar, coma se fose unha crema pasteleira.
Separamos un chisco da crema, dúas-tres culleradas, e á outra crema botámoslle unhas gotiñas de colorante, podedes escoller o que máis vos guste. Neste caso nós tiñamos a opción determinada, hehe.
Remexemos moi ben e reservamos.
Remexemos moi ben e reservamos.
Mentre arrefría un pouco a crema, quitamos o centro da madalena coa axuda do descorazonador, non tiredes a tapa porque nos vai ser de utilidade.
Reenchemos as madalenas coa crema pintada e tapamos co tapón que sacamos antes.
Estendemos unha fina capa da crema sen colorear, e empoamos as madalenas coas boliñas de cores.
Refrixeramos 1 hora, para que se asenten os sabores e xa estarían listas para comer!
Eeeee, sorpresa!!! Xiao dáse a coñecer! Neno!! O verde tirou finalmente máis a azul ao combinar coa crema mais divertímonos un tanto con esta descuberta e saboreamos unha receita inesquecíbel.
Agardamos que gustárades vós tamén da sorpresa e que, por suposto, probedes coa receita. Forte aperta!!
Eeeee, sorpresa!!! Xiao dáse a coñecer! Neno!! O verde tirou finalmente máis a azul ao combinar coa crema mais divertímonos un tanto con esta descuberta e saboreamos unha receita inesquecíbel.
Agardamos que gustárades vós tamén da sorpresa e que, por suposto, probedes coa receita. Forte aperta!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario