Boa tarde, bolboreteir@s! Seguen as receitas, segue o sabor en Bolboretas no bandullo! Nunhas semanas de moito movemento e actividade, imos introducíndonos progresivamente na rutina. Na semana pasada, aproveitando que tiñamos unha cea cuns moi bos amigos, decidimos crear, dando lugar ao arroz que vos presentamos no pasado sábado.
Ben, pois adentrámonos nese menú tan saboroso, cun petisco deste que fican no maxín. O salmón afumado, que tanto adoita gustar, convenceunos tamén moito aquí.
Imos por esta apetecíbel receita.
Roliños de paté de olivas e salmón
Ingredientes:
Utensilios: unha fonte apta para o forno, un batedor eléctrico, un coitelo e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as olivas e o aceite.
Así, xa nos serviría para untar en pan ou nunhas torradas. Porén, hoxe ímolo utilizar para esta deliciosa receita.
Estendemos unha boa capa de paté sobre o follado.
Colocamos as lascas de salmón sobre o paté.
Enrolamos o follado até o final.
Cortámolo en porcións de 2 cm, aproximadamente.
Pintamos co ovo batido e enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, até que estea o follado douradiño, aproximadamente 15 minutos.
Sacamos do forno, deixamos que se atempere uns minutos e xa estarían listos para comer!
Agardamos que vos gusten e que poñades esta deliciosa receita en práctica.
Como comprobades, é desas múltiplas que tanto traemos por aquí e que non precisan apenas traballo nin tempo. Que máis podemos pedir: moito sabor, pouco esforzo... Xenial!
Oxalá a desfrutedes tanto coma nós. Forte aperta, bolboreteir@s!
Oxalá a desfrutedes tanto coma nós. Forte aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario