Boa tarde, bolboreteir@s! Andamos a tope estes días e temos o blogue un chisco marxinado mais nunca esquecido. De feito, andamos creando a receita case ao tempo que a publicamos. De feito, aínda podedes percibir que estas galletas están quentiñas, non?
Pois fixámonos que había tempo que non publicabamos nada de repostaría en Bolboretas no bandullo e optamos por algo rápido, sinxelo e efectivo.
Ultimamente estamos a ter moitas visitas na casa e non sempre convén tirar dos bombóns Lindt ou Nestlé. Senón vaia blogueiros, haha. Así pois, con creacións coma estas, gardamos un recurso para as merendas mais tamén para sobremesas ben saborosas.
Ides ver que optamos por sabores tradicionais, vainilla e framboesa mais xa sabedes. Isto vai no gusto de cada quen. A idea deixámosvola aquí!

Galletas de vainilla e framboesa
Ingredientes (para unhas 12-14 galletas):
- 280 g de fariña
- 125 g de manteiga
- 100 g de azucre
- 1 ovo
- 1 cullerada de vainilla
- 1 culleriña de aroma de framboesa
- Boliñas de cores (opcional)
Utensilios: unha cunca, un cortapastas, un rolete, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar a fariña e a manteiga até formar unhas migas.
De seguir, engadimos o azucre, o ovo e a vainilla. Amasamos moi ben até conseguir unha masa lisa e homoxénea.
Separamos en dous a masa e a unha metade engadímoslle a culleriña de aroma de framboesa.
Estiramos a masa, coa axuda do rolete, e dámoslle formas as galletas co cortapastas.
Enfornamos a 190º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos.
Colocamos as galletas nunha grella para que arrefríen.
E xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos gusten! E que as fagades porque son moi rápidas e sinxelas!
Boa pinta, non é? O motivo amoroso non fai falta que o sigades aínda que xa sabedes como somos por aquí, verdade? E máis este verán, hehe. Ben, sexa en corazóns, estrelas ou arandelas, estas bolachas van cumprir con moito nivel o seu obxectivo. Lambonciñ@s, a por elas!
Forte aperta, amig@s!
Forte aperta, amig@s!
No me extraña que tengais muchas visitas en casa con las larpeiradas que haceis , no dudo lo mas minimo que las galletas estuvieran de vicisciuuuuuuuuuuuuuuus.
ResponderEliminarBicos mil y feliz inicio de semana wap@s.
Cando hai larpeiradas todo o mundo se anota, verdade?? Nós incluídos 😂😂! Co toque de framboesa está deliciosas 😘😘
Eliminar