Ui, que lambonciñ@s estamos esta semana! Onte chegamos da praia cunha fame coma un mundo e decidimos darnos unha homenaxe calórica, destas que son necesarias moi de vez en cando. Non sabemos por que mais deunos antollo dunha hamburguesa do McDonalds, que non visitamos desde hai moito tempo. E claro, no canto de irmos, pensamos en preparala na casa que a fin de contas ten que ser máis saudábel e natural si ou si.
Procurando na rede, fomos seguindo algunha pauta da receita de Directo al Paladar. Nós xa somos amantes das hamburguesas en todos os seus formatos mais a verdade é que esta sempre nos gustou moito e non tiñamos claro o motivo. Parecía que a clave estaba entre a salsa e os cogombriños. Experimentamos e sorpresa! Logramos un sabor moi similar ao da cadena estadounidense. Mais como agardabamos, máis naturalidade, especialmente na carne. Ollade o vicio!
Big Mac da casa
Ingredientes (para 2 unidades):
Para as hamburguesas:
Para a carne:
Para a salsa:
- Maionesa caseira
- 4 cogombriños
- 2-3 ceboliñas encurtidas
- 1 cullerada de maionesa
- 1 cullerada de vinagre
- 1 culleriña de allo
- 1 culleriña de pemento doce
Utensilios: unha cunca, un prato, un batedor eléctrico, unha prancha.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que facer a salsa. Para iso, mesturamos a maionesa coa mostaza.
Engadimos o allo, o pemento e o vinagre me remexemos moi ben.
Trituramos os cogombriños coas ceboliñas (pode ser cebola fresca) e agregámosllo á mestura anterior. Reservamos no frigorífico.
Mentres tanto, facemos as hamburguesas. Mesturamos a carne coas especias ao noso gusto e dámoslle forma de hamburguesa. Con esta cantidade faremos 4 hamburguesas! Facémolas nunha tixola ou na prancha cunha gotiña de aceite de oliva.
Ao mesmo tempo, picamos a cebola, os cogombriños e a leita para a montaxe.
Torramos un pouco o pan, colocamos a base nun prato e estendemos unha (ou dúas culleradas de salsa).
Unha pouca de cebola picada e leituga.
Unha lasca de queixo e unha das hamburguesas.
Colocamos outra lasca de pan e untamos, de novo, salsa.
Engadimos cebola, leituga e cogombriños.
Outra hamburguesa.
E acabamos con outra lasca de pan.
E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste! Puxémonos como uns porquiños papándoa porque se precisa unha boa mandíbula. Ademais, a salsa pasou da hamburguesa á cara, os dedos... Mais desfrutámola inmensamente. Non é prato de todos os días, mais aquí temos un luxo para nos dar algunha que outra vez. Que vos praza! Forte aperta, bolboreteir@s!
Nada como las hamburguesas caseras , esta tiene que estar de muerte relenta no lo siguiente os han quedado de relujo.
ResponderEliminarCon vuestro permiso me llevo la receta a pendientes a mis lambonciños les encantara.
Bicos mil y feliz finde wap@s.
Totalmente de acordo!! Leva, leva 😉 e xa nos contarás que tal 😘😘
EliminarTEN BASTANTE BOA PINTA A VERDADE
ResponderEliminar