sábado, 23 de xuño de 2018

Ideas diversas para uns petiscos ben apetecíbeis

Bo día, bolboreteir@s! Por aquí estivemos algo apurados e foi unha semana de cociña moi rápida e mesmo de comida a domicilio. As opos e o final de curso é o que teñen... E como non temos reservas na recámara, aproveitamos para vos prsesentar un artigo que estaba no maxín desde hai tempo. Xa trouxeramos unha selección de receitas favoritas salgadas e doces, mais considerabamos que era preciso unha escolma concreta de petiscos, un elemento necesario nos menús que cada vez van ganando máis peso, especialmente nos eventos.
Así pois, hoxe que é día de festa en media Galiza, traémosvos unhas ideas ben apetitosas para abrirdes os menús.

Petiscos variados


Este clásico vexetal, non dá moito traballo e logra colocar a cebola como protagonista, rompendo coa visión secundaria que ten en moitas ocasións na cociña.
É certo que non é un petisco para todos os días, mais de vez en cando desfrútase moito moito. 
Xa sabedes, hai clásicos que convén recuperar!


Dun clásico pasamos a un experimento que aquí convenceu moitísimo. Tanto que mesmo en ocasións pasou de petisco a prato principal. 
O polo sempre é un recurso que nos dá xogo para mil e unha variantes mais esta é sorprendente canto a textura e sabor, grazas á achega dos flocos de millo.
Haivos combinacións ben asombrosas.


Isto estaba claro. Entre os seguidores dos cogomelos e champiñóns, nós estamos no podio. Sempre unha bolsiña deles no frigo e anotada como tarefa pendente para o futuro o da aprendizaxe da sú recollida.
Sábennos de todas as formas mais é certo que con esta receita tíraselles máximo partido debido ao encaixe dos diferentes ingredientes que tan ben aceptan os cogomelos. Que idea!



Perdoando a foto, da época primeira do blogue, esta tiña que estar nesta selección si ou si. O menú galego por excelencia leva a empanada como entrante. 
Temos feito de moi diversos tipos, mais esta é a que leva o triunfo xa que resulta intensa, substanciosa e moi moi apetecíbel. A verdade é que estamos moi orgullosos desta creación que rememoramos con certa frecuencia. Viva a empanada!



E de masa galega a masa italiana para rematar esta selección. Quedan moitas opcións fóra, mais claro, senón sería interminábel o artigo. 
Adoramos os pans e as masas en xeral e a focaccia tráenos polo camiño da perdición pois unha vez experimentada, non podemos máis que probar unha e mil veces. Habitualmente facemos a focaccia allada con ourego, que é máis lixeira, mais pensamos nesta recheo como un entrante con moito xeito e sabor. Ollade que pinta! 

Vedes pois, que con petiscos así a verdade é que xa non fai falta prato principal, segundo nin... Quieto, quieto, sobremesa sempre, eh!! Agardamos que levedes á práctica nas festas que veñen algunhas destas ideas tan apetitosas e de ser así, recibiremos encantados as vosas fotos mostrando o éxito. Forte aperta, bolboreteir@s!! Pasade bo San Xoán :-)

Ningún comentario:

Publicar un comentario