martes, 28 de abril de 2015

Cogomelos recheos

Somos tan seguidores dos cogomelos que non ficaremos satisfeitos até que os teñamos probado de todas as formas posíbeis, aínda que isto sexa imposíbel xa que é un produto que ofrece mil e unha posibilidades na cociña. Desta volta tocou reenchelos. Normalmente botamos man deles como complemento dalgunha carne, pasta mais agora queriamos que fosen o elemento principal do noso menú, que ben o merecen :-)
Ademais, gústannos tanto que xa estamos matinando a idea de introducirnos no mundo da micoloxía para aprender a collermos os diferentes fungos comestíbeis que nos ofrece a natureza. Polo sabor destas xoias e tamén por herdanza dunha afección que realizaba meu pai con moita satisfacción. Xa nos daredes consellos cando comecemos :-) Mentres tanto, aquí queda unha outra forma de os degustar.

Cogomelos recheos



Ingredientes:
  • 10 cogomelos
  • 5-6 lascas de touciño entre de pavo
  • 1 cebola pequena
  • 3-4 cullaradas de salsa de tomate
  • Queixo Relado
  • Ourego



Utensilios: tixola, culler, coitelo, fonte apta para microndas. 

Elaboración:

Para comezarmos, temos de picar a cebola e o beicon en anacos mi pequenos. A continuación, fritimos o beicon dous ou tres minutos nunha tixola. 



De seguir, engadimos a cebola e rustrímola un pouco.


Despois engadimos a salsa de tomate (mellor se é caseira xa que será máis saborosa) e o ourego ao noso gusto. Deixamos cociñar durante 5 minutos. 


Mentres tanto, preparamos os cogomelos. Lavámolos moi ben e quitámoslles o pé para que quede espazo suficiente para os poder reencher. 


A continuación, e cando o rustrido estea preparado, reenchemos os cogomelos con el e botámoslles o queixo por enriba.




Enfronamos a 180º-190º (debe estar prequente), co gratinador até que o vexamos que o queixo estea fundido.

E xa estarían preparados para comer! Agardamos que vos gusten. 


Talvez a foto non faga xustiza á exquisitez que supón este prato así que animámosvos a probardes estes cogomelos e comprobardes o bos que están. Ademais, poucas receitas levan menos tempo de preparación ca esta. Apenas dez minutiños... Gran resultado con moi pouco traballo. Despois en función da fame que teñades, podédelos acompañar dunha ensalada, dunhas patacas ou do que prefirades, ou utilizalos como aperitivo. Nós, senda para a cea, optamos por deixarlles a eles todo o pratagonismo, haha.
Agardamos que vos guste a nova receita e que lle tiredes o máximo proveito. Unha forte aperta amig@s!

3 comentarios:

  1. Adoro esta receita! Doada e sana! Moi boa idea! ;) Biquinhos!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    An Thái Sơn chia sẻ trẻ sơ sinh nằm nôi điện có tốt không hay võng điện có tốt không và giải đáp cục điện đưa võng giá bao nhiêu cũng như địa chỉ bán máy đưa võng ở đâu uy tín.

    ResponderEliminar