Sigo con outra receita e estou comezando a pensar en pedir a dobre nacionalidade do blogue galego-italiano porque como vedes, pouco a pouco vaise inundando isto do meu amor pola gastronomía da Italia.
A de hoxe non é pizza, aínda que ten algún parecido. Se me encanta o pan, e me encantan as masas italianas... este é o resultado perfecto: focaccia. Un pan do máis saboroso que non deixa indiferente a ninguén. Eu probárao nunha viaxe a Milano e quedara namorada, así que tiña que tentar elaborala antes ou despois. Igual que sucede coas pizzas, existen mil modos para as facer; eu optei por unha en que predominara o ourego e o allo, pondo por arriba unhas olivas decorativas, mais que tamén axudan a seren máis apetecíbeis. Ficou espectacular, xa non serve como escusa para retornar alá, terei que procurar outra :-)
Focaccia allada con ourego
Elaboración:
Para comezarmos, botamos en 80 gr de aceite os
dentes de allo picados e dúas culleriñas de ourego. Remexemos ben e quentamos
no microndas durante uns segundos para aromatizar o aceite máis rapidamente.
Reservamos.
De seguir, diluímos o lévedo na auga, e
engadimos os 50 gr. sobrantes do aceite, o azucre, a fariña e o sal. Mesturamos ben. Se
vedes que a masa está moi seca, podedes botar un pouquiño máis de auga. Para finalizar,
engadimos o resto do ourego e mesturamos de novo. Tapamos a masa cun pano húmedo e deixamos
repousar durante unha hora.
A continuación, estiramos a masa no papel de
forno e imos estirando a masa coa axuda das mans e adaptándoa á bandexa do forno; facémoslle pequenos buratos cos
dedos, pintamos co aceite aromatizado e colocamos as olivas nos ocos. Tapamos con papel transparente e
deixamos repousar, de novo, durante media hora.
Para finalizar, enfornamos a 180º, calor arriba
e abaixo, 20-25 minutos, até que quede ben douradiña, e xa estaría perfecta para comer! Que aproveite!
Non sei que vos parece, mais a pesar de que non é un pan para comer todos os días, si merece a pena facelo de vez en cando porque está realmente exquisito. Aquí non quedou nin un cacho, e iso que a focaccia saíu grande. Xa se papou como prato principal, non se resistiu a xente a deixalo como un simple acompañante :-)
Ben, pois espero que a probedes e nos comentedes o que vos parece. Recoméndovos que a fagades, canto menos unha vez. Bo domingo larpeir@s :-)
Ben, pois espero que a probedes e nos comentedes o que vos parece. Recoméndovos que a fagades, canto menos unha vez. Bo domingo larpeir@s :-)
Adoro focaccia e por acaso á muito que não faço.
ResponderEliminarEsta ficou linda e bem ao meu gosto
Bjs
Muito obrigada polo teu comentario e pela tua visita!
EliminarUma aperta!