Seguimos cunha nova receita mais hoxe mudamos totalmente de rexistro xa que había moito moito tempo que non traiamos un peixe e optamos por un dos clásicos, o salmón, que fixemos en papillota nunha receita moi moi sinxela. Este pescado ofrécenos un alto contido de proteínas e omega-3. Algún dos seus grandes beneficios é a súa contribución na diminución do colesterol así como aumento da fluidez do sangue. Convén comer peixe de vez en cando, e o salmón é unha moi boa opción. E se o facedes con verduras, seguindo esta receita, moito mellor :-)
Salmón en papillota
Ingredientes (para dúas persoas):
Para comezarmos a elaborar esta sinxelísima receita, temos de picar en pequenos anacos todas as verduras.
De seguir, collemos o papel de aluminio e cortamos dous anacos grandes (un para cada toro), sobre eles, colocamos os toros e adobamos ao noso gusto (nós utilizamos sal, estragón e alfábega).
A continuación, repartimos as verduras e poñemos sobre cada toro 1/2 onza de caldo. Despois, botamos o viño e pechamos os paquetes moi ben, para que non salga o líquido durante a cocción.
Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos. Sacamos do forno, abrimos os paquetes e listos para comer! Podémolos acompañar de patacas asadas no forno, fritidas ou cocidas, ou mesmo de arroz branco ou un cacho de pan, mais de todas as formas estará delicioso! Que aproveite!
Aí o tedes, podédelo comer directamente no papel de alumnio para que non se movan as verduras nin perdades o caldo polo camiño. Sexa como for, está boísimo e é unha das mellores opcións para comer peixe e mellorar a nosa alimentación. O contrapunto perfecto para os excesos alimenticios que cometemos de vez en cando... Xa sabedes, coa mínima dificultade tedes unha moi boa receita! Bo mércores lambisqueir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario