Sábado de recordos, sábado de retorno dixital a ese locus amoenus encarnado na liberdade, ludismo e soños. Hoxe non traemos unha receita senón que facemos unha viaxe atrás no tempo para lembrarmos as merendas que acompañaban as nosas tardes de infancia e as de varias xeracións nas que o Xabarín Club serviu como fío condutor, como símbolo xeracional.

Todo isto acompañado das cancións que máis nos cativaban da man de Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Montealto ou Heredeiros da Crus. Convertéronse na BSO de toda unha xeración temas como "Quero xamón", "Estou na lavadora", "Pero que jallo é", "Carmiña Vacaloura", "Prefiro bailar twist", "Socio busco socio" ou calquera das intro e peches das series que aínda hoxe podemos cantar ao pé da letra.
E ademais, quen nos quita a ilusión que nos facía saír na tele con oito, nove ou dez anos o día do noso aniversario? Quen non recorda os nervios de ir a un dos concertos do Xabarín e da Xababanda? Quen esquece a fachenda mostrando o noso carnet de membro do Xabarín?



Podemos dicir que a madalena do Proust de toda unha xeración está entre bocadillo de chocolate, pan con nocilla, galletas María, unha cunca de cereais ou demais posibilidades mais a carón dun xabarín galegofalante.


Deixámosvos entón a ligazón para que visitedes este último vídeo cargado de saudades e de lambetadas que seguro volveredes a preparar despois de o visualizar. Non tedes máis que clicar na seguinte ligazón: AS MERENDAS DA INFANCIA
"Somos do clube da galega, por fuciños, por cacheiras!" "E ti, xa es do clube? Afíliate" Unha fortísima aperta, amig@s!
![]() |
As merendas da infancia (Xeración Xabarín) |
Un post precioso yo no soy de la generacion de las meriendas viendo el Xabarin pero mi hijo si lo veia le encantaba ver a sin chan aunque se podia ver en castellano en gallego esta mejor doblado y la cancion es mas chula ...os pimentos saben moi mal mira que trompa ... al igual que doraemom ,yo aun me acuerdo de las canciones que habeis puesto en el video jajaja si es que no me perdia un programa tambien ,yo no llegue hacer socio a mi hijo del club pero si recuerdo cuando ponian las fotos de los cumpleañeros .
ResponderEliminarUn post y video muy chulo .
Bicos mil wap@s.
Moitísimas grazas!! Dunha forma indirecta participas do Xabarín polo teu fillo e tes toda a razón, a dobraxe é mellor en galego 😊😊😘😘
Eliminar